×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

CLUSAGA xunto con IGAPE e GAIN presentan os programas 2017 de servizos e instrumentos de apoio á innovación o vindeiro 20 de Xullo en Santiago de Compostela.

O obxectivo deste taller é presentar as principais características, novidades e resolver as dúbidas sobre as convocatorias e propiciar un espazo de networking para o contacto entre as entidades participantes.

A xornada comezará coa recepción dos asistentes para dar paso a Teresa Bernal, xefa do departamento de Servizos e Observatorio da Innovación (GAIN), que expoñerá as principais características dos programas PRINCIPIA e INNOVA PEME.

Tras unha pausa para café-networking o IGAPE presentará por medio do seu Xerente, José Manuel Fernandez, os seus Programas 4.0 así como o seu proxecto REACCIONA no que se procura que as pemes galegas melloren competitivamente.

Posteriormente, Ana Felgueiras, European Projects Manager de CLUSAGA presentará un dos proxectos máis importantes nos que está enrolado o clúster: InCLusilver. O proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos de distintos sectores, orientada ao segmento poboacional de máis de 50 anos.

Para finalizar levarase a cabo unha mesa redonda sobre servizos de apoio á innovación.

Previa solicitude poderanse realizar reunións en paralelo con persoal técnico de CLUSAGA/GAIN/IGAPE.

A inscrición pode facerse a través do seguinte formulario ou no 981556062 e info@clusaga.org

Inscrición Programa