×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

CLUSAGA organiza unha xornada de traballo o vindeiro 21 de setembro en Santiago de Compostela onde se dan a coñecer as últimas tendencias e novidades a diferentes niveis do sector lácteo, presentando ademais un estudo sectorial de tendencias globais en produtos lácteos.

O workshop está dirixido a todos aqueles profesionais do sector alimentario, especialmente das áreas de xerencia, comerciais, de marketing e de innovación de empresas do sector lácteo, co obxectivo de difundir o coñecemento neste eido.

O Clúster Alimentario de Galicia traballa no proxecto insight market co fin de prover aos seu socios de ferramentas de intelixencia competitiva que permitan coñecer información estratéxica e adaptarse ás tendencias máis recentes do mercado global dos alimentos e das bebidas. Sensdo así capaces de adaptarse ao escenario mundial cambiante, detectando as oportunidades que xurden nel así como esquivando as posibles ameazas que poden representar un problema nos modelos de negocio.

A xornada de traballo arrancará coa exposición das últimas tendencias globais en produtos lácteos: leites e bebidas lácteas, iogures, e queixos. Analizando os principais mercados así como os novos lanzamentos e innovacións en cada categoría. Asemade tamén se mostrarán estratexias de posicionamento e mercadotecnia que utiliza a competencia.

Por outra banda realizarase unha exposición das tendencias de consumo deste tipo de produtos, destacando os principais hábitos así como a evolución da demanda. Sen olvidarse das estratexias de comunicación e información ao consumidor.

O evento concluirá cunha mesa redonda onde o CLUSAGA dará a coñecer os seus servicios de apoio neste eido.

A tódolos participantes faraselle entrega dun estudo sectorial das últimas tendencias globais en produtos lácteos e categorías asociadas. Ademais pódese solicitar unha presentación incompany.

A inscrición pode facerse a través do seguinte formulario ou no 981556062 e info@clusaga.org

Inscrición Programa