×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A presente xornada permitirá presentar a certificación Halal de alimentos, proceso de garantía de calidade aplicado a alimentos, produtos e servizos segundo o Regulamento Halal e outros documentos preestablecidos. Estes alimentos, produtos ou servizos ofrécense de empresas e entidades a públicos de práctica islámica, tanto no seu país como dentro da Unión Europea, así como na exportación a países de prácticas islámicas.

O sector da alimentación Halal está a crecer moi rápido. En 2015, os musulmáns gastaron 1,1 billóns de dólares en alimentación e bebidas. Destes, 1 billón foi destinado por parte dos países membros da OIC a consumir alimentos Halal. Agárdase que o gasto en alimentación Halal creza ata os 1,9 billóns de dólares en 2021 en todo o mundo.

En España, sétimo exportador mundial de produtos agroalimentarios e terceiro receptor mundial de turistas estranxeiros, o auxe deste mercado non pasou desapercibido.

Na actualidade, o Instituto Halal de Córdoba conta con máis de 300 empresas certificadas en España, que exportan os seus produtos e servizos Halal a máis de 60 países.

Inscrición Programa