Bebidas alcoholicas
Os mellores viños das recoñecidas denominacións de orixe Rias Baixas, Ribeira Sacra e Ribeiro, cervexas de sabor intenso, sidras, ademáis de innovadores licores e clásicas augardentes son producidas en Galicia.

Martin Codax
Rias Baixas D.O.
O viño albariño Martín Códax, recibe o nome do trobador galego do século XIII, quen nas súas cantigas evocaba o amor e a paixón polo mar. Martín Códax, pertence á Denominación de Orixe Rías Baixas.
Tipo de viño: branco. Tipo de uva: albariño, 100%. Grao alcohólico: 12º Vol
Fase Visual: Posúe unha atractiva cor amarela pallosa, con tons semellantes aos do limón maduro; resulta brilante e posúe unhas lixeiras burbullas. Fase Olfativa: Destaca pola súa especial intensidade e elegancia; o seu recendo lembra ás herbas frescas impregnadas de orballo e ao perfume das mazás case maduras. Fase Gustativa: Na boca apréciase unha fina agulla. Está dotado dunha complexidade de sabores nos que se percibe a frescura da vexetación do val e a esencia do varietal.

Lías
Rías Baixas D.O.
Un viño moderno que se elabora combinando tradición e tecnoloxía. Tras unha vendima seleccionada no momento óptimo de maduración, ferméntase en aceiro inoxidable. A selección das mellores lías finas, xunto co viño, son sometidas a batonage durante dous meses. A continuación unha crianza de dez meses en depósito de aceiro inoxidable.
Tipo de viño: Branco Variedade: 100% Albariño. Crianza: 12 meses sobre lías.
Fase visual, amarelo pallizo intenso. Fase olfativa, intensidade aromática alta, con notas de froita moi madura de pera, mazá e pexego branco, recordos de crianza (fermento, panadaría e vainillas). Fase gustativa, entrada ampla en boca, graso e con volume, con bo paso, longo e retrogusto froiteiro, notas lácticas e panadaría.

Gallaecia
Rias Baixas D.O.
Nos últimos anos, Bodegas Martín Códax só puido obter cino colleitas do Gallaecia, só estes anos déronse as condicións para a recolleita serodia da uva, e para o proceso de sobremaduración-botritizado da vide.
Tipo de viño: branco. Tipo de uva: albariño, 100%. Grao alcohólico: 12º Vol
Fase Visual: Mostra un amarelo intenso con tons dourados, brilante. Fase Olfativa: Percíbese unha complexa e rica gama de recendos de feno, froita exótica e pasificada; e lembranzas de mel e tonalidades de botrite. Fase Gustativa: Elegante, impresiona a súa viveza e agarimo na entrada da boca. Ofrece unha nota doce aínda que se trate dun viño seco. Retronasais de marmelo e froitas tropicais.

Organistrum
Rias Baixas D.O.
O viño Organistrum elabórase con uvas que procedente de parcelas seleccionadas, colléitandose a principios da vendima e contendo unha elevada estrutura e grao alcohólico. Despois da fermentación alcohólica o viño introdúcese barrica de carballo francés até totalizar un período máximo de 4 meses de crianza.
Tipo de Viño: viño branco con crianza en barrica. Variedade: Albariño 100%
Fase visula Amarelo pajizo intenso con irisaciones ouro; limpo e moi brillante. Fase olfativa de media intensidade con aromas complexos onde se percibe unha carga froiteira importante xunto a un fondo lixeiramente tostado. Fase gustativa Impresiona a súa elegancia en boca, amplo na entrada, moi ben sostido polos tostados e a froita na evolución e amplo en matices, con rexistros aromáticos da froita verde con notas herbáceas sobre un fondo de vainilla.

Entropia
Licor guaraná
Entropía guaraná contén como ingrediente principal guaraná, proporcionando as súas coñecidas propiedades enerxéticas e estimulantes, sen aromatizantes, sen colorantes, nin aditivos. O Guaraná ou "Paullinia Cupana” é empregado dende hai séculos, polos indios do Amazonas porlas súas propiedades estimulantes.
O licor entropia guarana é empregado xunto cunha exclusiva combinación de herbas seleccionadas polas súas especiais propiedades, como a herba mate e outras con cualidades aromáticas, como a regaliz ou a canela en rama. Esta combinación de herbas macera lentamente en augardente de oruxo destilado en Galicia, o que permite integrar neste licor todas as propiedades do guaraná e obtener un produto extraordinariamente suave e aromático.

Entropia
Licor cafe
Entropía coffee contén unha combinación das mellores e máis aromáticas variedades de cafés de toste natural, estudiada para conseguir a máxima intensidade. Sen aromatizantes, sen colorantes, nin aditivos.
Entropia coffee é elaborado utilizando só café de toste natural. Por un lado, café da variedade Arábica, suave e aromático pero cun contido baixo en cafeína. Para completar la mestura, engádeselle unha pequena cantidade de café robusta, caracterizada por un alto contido en cafeína. A mestura complétase con especias aromáticas, como a noz moscada.
Só o tempo exacto de maceración en augardente de oruxo destilado en Galicia, permítenos capturar todas as propiedades estimulantes e aromáticas do café.

Entropia
Licor ginseng
Entropía ginseng contén como ingrediente principal o ginseng, pranta recoñecida dende hace séculos polas súas cualidades estimulantes e reconstituíntes, sen aromatizantes, sen colorantes, nin aditivos.
Na elaboración de entropia ginseng, emprégase exclusivamente a variedade Panax Ginseng C.A. Meyer. Para engadilo ao licor, inclúese ademáis unha exclusiva combinación de herbas seleccionadas polas súas especiais propiedades, entre as que podemos atopar o té negro, xenxibre e outras herbas e especias aromáticas, como as vainas de vainilla natural.
Mediante un proceso totalmente artesanal de maceración en augardente de oruxo destilado en Galicia, conséguese extraer todas as propiedades do ginseng e das herbas que o acompañan.

Estrella Galicia
Cervexa
Cervexa de cor dourado brilante, que parte dunha selección de maltes e lúpulo especialmente amargos e o seu proceso de cocción, fermentación e maduración transcorre ao longo de 20 días. Iso fai que esta cervexa teña un agradable e característico sabor lupulado.
Contido Alcohólico: 5,5° Temperatura ideal de servido: 5°C
Aroma: Grato, refrescante, onde destacan os tons especiados. Aparencia: De cor dourada brilante. Sabor: Na boca preséntase neutra e lixeira, cun matíz moi marcado de sabor a lúpulo.















































