O Clúster Alimentario de Galicia
Organización líder do sector dos alimentos e bebidas en Galicia
O sector alimentario é un dos sectores estratéxicos en Galicia tanto pola súa dimensión, como pola súa transcendencia económica e social. Neste ámbito comeza a súa andaina o Clúster Alimentario de Galicia, coa pretensión de artellar unha estrutura organizada, no sector alimentario, en senso amplo, integrando ás empresas, así como ás entidades de investigación e innovación e outras organizacións, en procesos de cooperación que permitan obter beneficios derivados da aplicación de accións e proxectos colaborativos e acadar unha masa crítica que permita fortalecer a competitividade internacional e a visibilidade do sector.















































