Socios - Empresas

  • Aceites Abril S.L.

    Aceites Abril S.L.

    Aceites Abril é unha empresa de caracter familiar fundada en 1962, adicada orixinariamente á produción de aceites alimentarios, e posteriormente tamén ao seu envasado e distribución.

  • Avances Bioquímicos de la Alimentación S.L.

    Avances Bioquímicos de la Alimentación S.L.

    Abiasa é unha empresa familiar fundada polo doctor José María Rosell en el año 1942, actualmente especializada na produción e comercialización de bioingredientes da máis alta calidade para a industria alimentaria, en particular para produtos lácteos.

  • Bodegas Martín Codax S.A.U.

    Bodegas Martín Codax S.A.U.

    Bodegas Martín Códax foi fundada no ano 1986 por vontade dun grupo de viticultores, establecéndose en Cambados, capital do Val do Salnés, e sendo dende os inicios referencia da Denominación de Orixe Rías Baixas.

  • Cuevas y cia S.A.

    Cuevas y cia S.A.

    Cuevas y cia pertence ao Grupo Cuevas, fundado en 1867. A filial, créase en 1944 para a comercialización e exportación de castañas e outros produtos agrosilvestres. Dende entón, Cuevas y cia incrementou vertixinosamente a súa presenza nos mercados nacionais e internacionais.

  • Calvo Conservas S.L.U.

    Calvo Conservas S.L.U.

    O Grupo Calvo, foi fundado en 1942, pola familia Calvo. Cos anos experimentou un crecemento moi forte non só nas vendas de conservas de peixe e marisco, senón tamén na variedade de produtos preparados que oferta no mercado, levandoo á posición de liderazgo que ocupa hoxe.

  • Clavo Congelados S.A.

    Clavo Congelados S.A.

    Clavo Congelados, fundada en 1984, é unha empresa dedicada á fabricación de alimentos ultraconxelados, que desenvolveu ao longo da súa historia importantes accións destinadas á mellora tecnolóxica. A satisfación das necesidades dos clientes mediante a oferta de produtos de calidade é o principal obxectivo da compañía.

  • Conejos Gallegos S.C.G.

    Conejos Gallegos S.C.G.

    Cogal comezou a súa andadura no ano 1985, inicialmente cun pequeno matadeiro e almacén para a conservación das carnes nas condicións adecuadas. Na actualidade, adícase á produción de carne de coello e pato.

  • Cooperativas Orensanas S.C.G.

    Cooperativas Orensanas S.C.G.

    Dende as súas orixes no ano 1959, Coren, xestionada por Eulogio Gomez Franqueira, experimentou un continua expansión, estando hoxe presente nos principais mercados internacionais. Na actualidade desenvolve actividades para a produción e transformación de ovos e produtos cárnicos, entre outras, ademais da súa distribución.

  • Feiraco Lácteos S.L.

    Feiraco Lácteos S.L.

    Feiraco Lácteos nace froito dunha cooperativa agro-gandeira, que a partires do inicio da década dos 70, se adica á selección, transformación e ao envasado de produtos e derivados lácteos.

  • Galega de Economía Social S.L.

    Galega de Economía Social S.L.

    Galega de Economía Social, S.L. constitúese no 2003 como matriz dun conxunto de empresas fundadas na década dos noventa co obxectivo de consolidarse coma un grupo empresarial competitivo. Fornos de Lamestelle, dentro do grupo, ten como actividade principal a produción de empanadas e produtos de repostería.

  • Gallega de Patatas S.L.

    Gallega de Patatas S.L.

    Gallega de Patatas nace no ano 2003 en Xinzo de Limia, como unha empresa de carácter familiar dedicada á oferta de produtos hortícolas, concretamente á produción, selección e envasado de patacas. Hoxe en día ofrece unha ampla e selecta variedade de froitas e hortalizas, baseada na calidade no servizo aos clientes.

  • Hijos de Rivera S.A.

    Hijos de Rivera S.A.

    Hijos de Rivera nace en 1906 da man de José Rivera Corral, quen funda en A Coruña a fábrica La Estrella de Galicia, dedicada á produción de cervexa rubia. Estrella Galicia, ao longo das súas máis de cen anos de historia, converteuse en toda unha icona cultural en Galicia e acadou grande prestixio a nivel nacional e internacional.

  • Boto Hosteleri S.L.

    Boto Hosteleri S.L.

    Haberlas Hailas é unha empresa adicada á fabricación de licores tradicionais, combinados cos mellores ingredientes, o que da lugar a unha ampla oferta de sabores e produtos.

  • Ingapan S.L.

    Ingapan S.L.

    Ingapan fúndase en 1959, como unha pequena panadaría familiar, a Panadería Chousa. O gran crecemento experimentado posteriormente consolidou o Grupo Ingapan, englobando unha gran variedade de marcas de panadaría, pastelaría e alimentos preparados.

  • Innaves S.A.

    Innaves S.A.

    Innaves nace no ano 1989, sendo a súa actividade inicial a enxeñería pesqueira e alimentaria. Na actualidade, está especializada na área biotecnolóxica proteínas, péptidos, anticorpos e encimas para o desenvolvemento e control de novos produtos e procesos alimentarios.