Fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos colaborativos empresariais de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades definidas no marco da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.
Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes. As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por tres empresas e como máximo por seis. Cada agrupación contará con, polo menos, dúas empresas independentes entre si. Así mesmo, na agrupación poderá participar só unha grande empresa.
Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental, a innovación organizativa e a innovación en materia de procesos.
Os proxectos deberán estar enmarcados nalgún dos seguintes ámbitos estratéxicos: agroalimentación, benestar e saúde, economía circular e enerxía, fabricación avanzada.
Todas as actividades do proxecto teñen que desenvolverse na Comunidade Autónoma de Galicia.
| Categoría predominante do proxecto | Pequena empresa | Mediana empresa | Grande empresa |
| Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas; como mínimo unha delas debe ser peme e ningunha empresa pode asumir por si soa máis do 70% dos custos subvencionables. | 60% | 60% | 60% |
| Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas; como mínimo unha delas debe ser peme e ningunha empresa pode asumir por si soa máis do 70% dos custos subvencionables. | 60% | 50% | 40% |
| Innovación organizativa ou en materia de procesos. No caso de grandes empresas; só cando colaboran de xeito efectivo cunha ou varias pemes, as cales deberán asumir como mínimo o 30% dos custos subvencionables totais do proxecto. | 50% | 50% | 15% |
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ata o día 22 de setembro de 2025.









