Identificación do titular da presente web
En cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de "Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico", informámoslle que o titular de www.clusteralimentariodegalicia.org (en diante, "Web"), é:
Razón social: Asociación Clúster Alimentario de Galicia
C.I.F. nº: G-27407212
Dirección: Edificio FEUGA ofc. 21. Espazo ATClusters Galicia. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Vida. E15705. Santiago de Compostela. España.
Teléfono: 981 556 062
Correo electrónico: info@clusaga.org.
Política de Protección de Datos de Carácter Persoal
1. Obxecto
As presentes condicións regularán o uso que o titular pon a disposición dos usuarios da Web, as cales poderán ser modificadas sen previo aviso, de maneira que se recomenda a súa consulta periódica, máis aínda cando se dispoña a facer un uso efectivo de produtos e/ou servizos.
2. Condicións de acceso e uso
O acceso á web é libre e atribúe a quen o realiza a condición de Usuario, quen poderá acceder aos contidos ou mesmo porse en contacto cos seus administradores.
O Usuario debe pois, ler, entender e aceptar as presentes condicións de uso antes de proceder á navegación e/ou uso dos servizos, o que suporá súa expresa aceptación e adhesión ás mesmas nos termos e condicións que se expresan a continuación:
i) Compromiso de uso diligente dos recursos, con estrito cumprimento da lexislación vixente, con respecto aos bos costumes, é dicir, ao conxunto de normas de comportamento xeral en Internet.
ii) O Usuario aceptará os termos e condicións ou bases de participación dun servizo ou recurso concreto cando estas fosen necesarias, o que será explicitamente requirido no seu caso.
iii) Non poderá facer uso da Web fóra dos termos aceptados polas presentes condicións de uso, concretamente para fins ilícitos, contrarios á moral ou á orde pública en calquera das súas expresións, ou constitutivas de delito.
De igual maneira, en caso de permitirse comentarios ou entradas de opinións, o Titular non se responsabilizará en ningún caso das opinións vertidas por terceiros, aínda que se reserva o dereito a retirar ou mesmo non publicar aqueles que resulten ofensivos ou inadecuados ou, na súa falta, cando tivese coñecemento efectivo do contido do publicado.
3. Propiedade Intelectual e Industrial
O Titular posúe todos os dereitos sobre a Web, as súas logos, estrutura, imaxes e elementos constitutivos do código obxecto, así como a programación e enxeñaría do código fonte. Todos estes elementos, ademais das publicacións incluídas, están protexidos pola normativa española e europea sobre propiedade intelectual e industrial.
Queda prohibida calquera reprodución, adaptación, modificación ou comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos da Web, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, mecánico, manual ou outro, sen a autorización expresa do titular.
Calquera ligazón realizada á Web haberá de dirixirse a home ou páxina de inicio, prohibíndose a realización de ligazóns profundas ou dirixidas a outros contidos distintos do mencionado. De igual maneira, queda prohibida a práctica de navegación sobre marcos ou frames.
4. Protección de datos de carácter persoal
O Titular adoptou todas as medidas de seguridade, tanto técnicas como organizativas, esixidas pola normativa en protección de datos, máis concretamente segundo a Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal e o Regulamento 1720/2007 de Medidas de Seguridade. Poderá atoparse toda a información a este respecto no apartado denominado "Política de Privacidade".
5. Lexislación e xurisdición aplicable
As presentes Condicións Xerais quedan suxeitas ao ordenamento xurídico español, sometendo calquera controversia aos xulgados e tribunais, con renuncia a calquera outro foro xeral ou especial que lles puidese corresponder.