Información xeral
Que retos temos hoxe en día nas fábricas para mellorar a nosa competencia? Para poder plantexar e revisar as opcións dispoñibles para automatizar a nosa fábrica e mellorar a calidade dos nosos procesos, é necesario coñecer as ferramentas que temos no mercado e a tecnoloxía dispoñible para, desta maneira, atopar as que máis nos poden axudar.
Este curso de Automatización e Robótica busca achegar as ferramentas necesarias para poder revisar a tecnoloxía que existe no mercado e os usos que se lle poden dar, co obxectivo de analizar as vantaxes que cada unha nos pode aportar e poder calcular a rentabilidade da aplicación de cada unha delas no sector alimentario.
Estrutura do programa
- Coñecer ferramentas e recursos dixitais para optimizar a automatización na industria alimentaria.
- Manexar robots colaborativos de forma segura, programar aplicacións e conectar periféricos na industria alimentaria.
- Comprender a robótica móbil, incluíndo navegación, mapeado e usos habituais en contornos industriais.
- Aplicar intelixencia artificial para inspección de produtos, etiquetas e envasados en procesos produtivos.
A quen vai dirixido?
- Directores e responsables de calidade enfocados en optimizar procesos.
- Responsables de loxística interesados en mellorar fluxos con novas tecnoloxías.
- Profesionais de fabricación e mantemento de liñas de produción.
Programa
O programa está estruturado en 3 módulos claramente diferenciados para que se poidan coñecer así as 3 tecnoloxías dispoñibles de forma clara e básica para poder facer posteriormente un estudo máis en profundidade para a súa aplicación nos procesos produtivos.
Módulo 1. Formación en robótica colaborativa
Duración do módulo: 2 xornadas (10/04 y 24/04)
- Manexar o robot de forma segura coñecendo os conceptos de seguridade.
- Desenvolver e optimizar programas para algúns dos casos de uso máis habituais, como pick & place, paletizado, pulido ou dispensado.
- Conectar e manipular o equipamento periférico, como os sensores, as pinzas ou as cintas transportadoras.
- Coñecer as ferramentas e os recursos en liña dispoñibles e os casos de uso máis habituais no sector alimentario.
Módulo 2. Formación en robótica móbil
Duración do módulo: 2 xornadas (8/05 e 22/05)
- Introdución básica a ROS, con exemplos básicos de paquetes e tarefas.
- Componentes para a navegación, técnicas de mapeado e sensorización do robot.
- Técnicas de navegación, conceptos de mapa global e mapa local e aplicación práctica co robot.
- Análise dos usos máis habituais do robot.
Módulo 3. Introdución á automatización con intelixencia artificial en procesos produtivos
Duración do módulo: 1 xornada (5/06)
- Aplicación de IA en defectos de produto.
- Aplicación de IA para a inspección das etiquetas.
- Aplicación de IA en defectos nos envasados (con visión e sensor de ultrasonidos).
Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias
Duración do módulo: 1 hora
- Información das características do procedemento de acreditación de competencias
- Que teño que facer?
- Que podo acreditar?
- Que vantaxes me aporta a acreditación?
- Cumpro os requisitos xerais?
- Cal é a súa experiencia laboral e formación?
- Participar no procedemento
- Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
- Documentación necesaria e taxas de exame
- Avaliación
- Acreditación
Método de formación
La formación seguirá un enfoque teórico-práctico, combinando parte teórica en cada sesión con tecnología real con la que los participantes podrán interactuar, facilitando así la aplicación inmediata de los conocimientos adquiridos.
Facultade
Rodrigo Randulfe
Cofounder & CEO en BINARIAL
Aitor Fernández
Director Comercial en BINARIAL
Data
10 de abril a 5 de xuño
Horario
9.00 - 15.00
Modalidade
Presencial
Lugar
Edificio FEUGA (Santiago de Compostela)
Prezo
Gratis
Bonificación
Curso gratuíto financiado ao 100% polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información de contacto
info@clusaga.org
981 55 60 62