Curso de E-commerce


Información xeral

O curso de E-Commerce está dirixido a técnicos e responsables de equipos de marketing, comunicación e comercialización que desexen ampliar os seus coñecementos no ámbito do comercio electrónico. O seu obxectivo é mellorar a visibilidade dos comercios online, atraer máis vendas e optimizar as métricas de impacto.

O programa analiza as plataformas dispoñibles, a experiencia de usuario e o uso de IA para potenciar a internacionalización. A formación inclúe un enfoque práctico con exemplos reais e destaca o papel do marketing dixital. Limítase a 20 participantes para garantir unha dinámica participativa”


Estrutura do programa

O curso de E-Commerce ten como obxectivo mellorar a visibilidade e as vendas dos comercios electrónicos a través do uso estratéxico de plataformas e ferramentas de marketing dixital.

  • Identificar a plataforma CMS máis axeitada para optimizar o teu e-commerce
  • Desenvolver estratexias de marketing dixital adaptadas a buscadores
  • Aplicar ferramentas para mellorar a experiencia do usuario e optimizar vendas
  • Incorporar técnicas intelixencia artificial no e-commerce
  • Analizar a usabilidade do comercio electrónico con técnicas heurísticas
  • Comprender a loxística do comercio internacional no comercio electrónicos

A quen vai dirixido?

  • Responsables de comunicación
  • Responsables de equipos comerciais
  • Técnicos de marketing

Programa

Módulo 1. Comercio electrónico

Duración do módulo: 2 xornadas

  • Plataformas CMS. Demo de backoffice e frontoffice
  • UX e UI: estructura óptima dun e-commerce
  • Análise heurístico de usabilidade
  • Marketplaces, medios de pago e optimización de venda
  • Loxística, escandallo e opcións de envío

Módulo 2. O usuario e a incorporación de técnicas de IA. Internacionalización para ampliar o alcance do comercio electrónico

Duración do módulo: 1 xornada

  • Estratexias de internacionalización en e-commerce
  • Ferramentas de IA de apoio ó e-commerce
  • Copywriting efectivo
  • Consumidor: procesos de activación de compra

Módulo 3. Marketing online

Duración do módulo: 2 xornadas

  • Marketing en buscadores: SEO e SEM
  • Redes sociais: estratexias orgánicas e pagadas
  • CRO: mellorar a taxa de conversión
  • Analítica web
  • Creación dunha estratexia de marketing dixital

Método de formación

O método da formación baséase nun enfoque práctico, no que se combinan explicacións teóricas con exemplos reais e dinámicas participativas. Isto permite que os alumnos poidan aplicar os coñecementos adquiridos de maneira directa, mellorando a súa comprensión e facilitando a súa posta en práctica


Facultade

José Alcañiz

CEO de Esterea Comunicación

Experto en proxectos dixitais, con máis de 12 anos de experiencia e formación en áreas como estratexia dixital e transformación dixital.

 

Victoria Barreiro

Marketing consultant

Experta en desenvolvemento dixital, con formación e certificacións en SEO, SEM e analítica web, destaca polo seu labor como consultora e formadora en competencias dixitais.