Información xeral
O curso de ecodeseño de envases alimentarios capacita aos participantes na integración de estratexias sostibles no sector, combinando un enfoque teórico-práctico. Abordaranse os principios clave do ecodeseño e a súa aplicación en todo o ciclo de vida do produto, así como metodoloxías de cuantificación ambiental, como a análise do ciclo de vida (ACV), para avaliar e comparar distintas solucións desde unha perspectiva ecolóxica.
Tamén se explorará o papel da dixitalización e a trazabilidade na optimización dos envases para a súa reutilización, promovendo unha economía circular. Ademais, traballaranse estratexias de comunicación ambiental para evitar o greenwashing e xerar confianza no consumidor. O curso incluirá unha análise do marco legal vixente, proporcionando ferramentas para aplicar o ecodeseño de forma efectiva e aliñada coas esixencias do mercado.
Estrutura do programa
- Aplicar os principios do ecodeseño en envases alimentarios para reducir o seu impacto ambiental ao longo de todo o seu ciclo de vida.
- Coñecer metodoloxías de cuantificación ambiental, como a análise do ciclo de vida (ACV), para avaliar e comparar distintas solucións de envasado.
- Explorar ferramentas de dixitalización e trazabilidade para optimizar a xestión de envases e fomentar a súa reutilización.
- Facilitar a comprensión do novo marco lexislativo dos envases alimentarios.
- Desenvolver estratexias de comunicación ambiental eficaces
- Informar con transparencia sobre a sustentabilidade dos envases e evitar o greenwashing.
A quen vai dirixido?
- Directores e mandos intermedios en sustentabilidade, medio ambiente.
- Responsables de operacións e calidade.
- Responsables e técnicos de innovación.
- Responsables de marketing.
- Responsables de compras e loxística.
Programa
Módulo 1. Ecodeseño aplicado a envases alimentarios e relación coa estratexia da empresa
Duración do módulo: 1 xornada – 28/04
- Estratexias clave do ecodeseño e a súa relación co deseño de alimentos.
- Casos de éxito de estratexias de sustentabilidade de envases.
- Planes de prevención de xeración de residuos de envase.
- Mapeo de axentes estratéxicos e como traccionar a cadea de valor para mellorar os envases.
- Importancia do deseño para mellorar a reciclabilidade e aumentar a circularidade.
Módulo 2. Métricas ambientais para envases
Duración do módulo: 1 xornada – 12/05
- Ferramentas de cálculo de impactos ambientais con visión de ciclo de vida do envase alimentario.
- Casos de estudo de análise de impacto de diferentes envases.
- Potenciais verificacións de impacto ambiental (ACV, DAPs e pegada de carbono do envase).
- Ecomodulación da contribución financeira aos SCRAPS, aplicación de novos criterios, bonificacións e penalizacións.
Módulo 3. Dixitalización, trazabilidade e comunicación
Duración do módulo: 1 xornada – 26/05
- Envases reutilizables, intelixentes e trazables.
- Sistemas de depósito e retorno (SDDR).
- Innovación en materiais biobasados, compostables, reciclados e a súa compatibilidade cos sistemas de reciclaxe.
- Comunicación e marketing para mellorar a aceptación dos envases reutilizables e as súas taxas de retorno.
- Comunicación das bondades ambientais do envase sen caer no greenwashing.
Módulo 4. Normativa de envases e sustentabilidade
Duración do módulo: 1 xornada – 09/06
- Contexto lexislativo dos envases recentes na normativa de envases (Lei 7/2022, PWWR, materiais en contacto con alimentos, envasado e normativa sobre deforestación).
- Fin da condición de residuo e subproductos de plástico.
- Reglamento de Ecodiseño y pasaportes digitales de producto.
- Como incorporar nas facturas a contribución aos SCRAPS.
Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias
Duración do módulo: 1 hora
- Información das características do procedemento de acreditación de competencias
- Que teño que facer?
- Que podo acreditar?
- Que vantaxes me aporta a acreditación?
- Cumpro os requisitos xerais?
- Cal é a súa experiencia laboral e formación?
- Participar no procedemento
- Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
- Documentación necesaria e taxas de exame
- Avaliación
- Acreditación
Método de formación
La formación seguirá un enfoque teórico-práctico, combinando parte teórica en cada sesión con ejemplos reales, dinámicas participativas y ejercicios, facilitando así la aplicación inmediata de los conocimientos adquiridos.
Facultade

Equipo de Inèdit (varios formadores)
Estudo de innovación estratéxica especializado en economía circular, ecodeseño e pegada de carbono.
Acompañan a empresas, organizacións e territorios para que incorporen a sustentabilidade no deseño dos seus produtos e servizos e na súa estratexia, e para que o seu modelo de negocio se transforme de acordo cos obxectivos de descarbonización e uso eficiente dos recursos.
Data
28 de abril a 9 de xuño
Horario
De 9.00 a 14.00 e de 15.00 a 17.30 horas
Modalidade
Presencial
Lugar
Edificio FEUGA (Santiago de Compostela)
Prezo
Gratis
Bonificación
Curso gratuíto financiado ao 100% polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información de contacto
circular@clusaga.org
981 556 062