Información xeral
Este curso capacita aos profesionais do sector en estratexias sostibles para optimizar recursos, reducir o impacto ambiental e aproveitar os residuos no deseño de produtos alimentarios circulares e de alto valor. Abórdanse principios de economía circular, ferramentas para lograr o obxectivo de residuo cero e modelos de negocio sostibles. Inclúe formación práctica para integrar estas prácticas na xestión empresarial e no deseño de co-produtos.
Estrutura do programa
- Comprender os principios da economía circular e os retos da sustentabilidade.
- Coñecer o marco regulatorio e as ferramentas para a economía circular.
- Aprender técnicas de ecodeseño e valorización de co-produtos.
- Aplicar estratexias sostibles para optimizar recursos e reducir residuos.
A quen vai dirixido?
- Xefes e técnicos de innovación e desenvolvemento de novos produtos.
- Responsables de sustentabilidade e medio ambiente.
- Directores e mandos intermedios en planificación estratéxica.
- Responsables de calidade alimentaria.
Programa
Módulo 1. Introdución á sustentabilidade. Principios de economía circular
Duración do módulo: 2 xornadas (17/02 e 03/03)
- Que é a sustentabilidade?
- Retos da sustentabilidade no horizonte 2030.
- A economía circular como ferramenta de sustentabilidade.
- Economía lineal vs economía circular
- Modelos de negocio circulares
Módulo 2. Marco regulatorio e ferramentas para a economía circular
Duración do módulo: 2 xornadas (17/03 e 31/03)
- Contexto normativo e origenes.
- Evolución da normativa.
- Implicacións da normativa na economía circular.
- Análise de ciclo de vida e indicadores
- Residuo 0 e Plan de xestión de residuos e desperdicio alimentario
Módulo 3. Ecodiseño e produtos circulares
Duración do módulo: 1 xornada (07/04)
- Principios de ecodiseño de alimentos
- Upcycling
- Valorización de co-produtos
- Redución segundo a xerarquía de residuos
Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias
Duración do módulo: 1 hora
- Información das características do procedemento de acreditación de competencias
- Que teño que facer?
- Que podo acreditar?
- Que vantaxes me aporta a acreditación?
- Cumpro os requisitos xerais?
- Cal é a súa experiencia laboral e formación?
- Participar no procedemento
- Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
- Documentación necesaria e taxas de exame
- Avaliación
- Acreditación
Método de formación
A formación seguirá un enfoque práctico, combinando conceptos teóricos con exemplos reais e dinámicas participativas, facilitando así a aplicación inmediata dos coñecementos adquiridos.
Facultade

Andrés Ferrer Santiago
Consultor empresarial en Sustentabilidade e Economía Circular en Omawa Huella Ecológica
Emprendedor e cofundador de Omawa Huella Ecológica S.L. Conta con máis de 10 anos de experiencia en España e LATAM desenvolvendo plans de sustentabilidade e especializándose na descarbonización e no cambio climático. Conta cunha sólida traxectoria na captación de Fondos Europeos para o desenvolvemento sostible.
Data
17 de febreiro a 7 de abril
Horario
9.15 - 15.15
Modalidade
Presencial
Lugar
Edificio FEUGA (Santiago de Compostela)
Prezo
Gratis
Bonificación
Curso gratuíto financiado ao 100% polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información de contacto
circular@clusaga.org
981 556 062