Curso de Especialización en Xestión da Innovación Empresarial


Información xeral

A innovación é un aspecto fundamental a ter en conta para a competitividade das empresas. Nun entorno VUCA (Volátil, Incerto, Complexo e Ambiguo), no que o cliente cambia as súas necesidades constantemente, cómpre innovar e ofrecer novos produtos e servizos.

Hoxe en día son moi poucas as empresas que teñen unha base sólida para crear a cultura da innovación necesaria, un posicionamento estratéxico, ou un proceso transversal de innovación que sexa quen de xerar proxectos de forma recorrente.

Con esta formación aprenderanse as claves para a implantación dun sistema de xestión da innovación na empresa, descubrindo a mellor forma de optimizar os procesos para mellorar o rendemento, despregar proxectos innovadores e coñecer políticas de apoio e protección da innovación.

O Curso de Especialización na Xestión da Innovación Empresarial persegue o obxectivo de afondar nos conceptos de investigación, desenvolvemento e innovación, analizando e avaliando plans e estratexias referidas ás novas tecnoloxías.


Estrutura do programa

O obxectivo principal do Curso de Especialización na Xestión da Innovación Empresarial é formar a xestores da innovación para que sexan quen de realizar tanto o plantexamento estratéxico da innovación, coma o seu posterior despegue e seguimento en calquera empresa. En particular:

  • Coñecer os fundamentos da innovación e a súa influencia na competitividade das empresas
  • Analizar os modelos e tendencias actuais para a xestión da innovación
  • Aprender os elementos que interveñen no deseño da estratexia da innovación na empresa
  • Estudar a innovación como un proceso, identificando as súas actividades e posibilitando a súa implantación na organización
  • Analizar os diferentes enfoques metodolóxicos e ferramentas existentes para xestionar a innovación
  • Coñecer as políticas de apoio e protección á innovación

A quen vai dirixido?

  • Directivos de empresas alimentarias
  • Profesionais relacionados coa innovación, como directores e responsables de innovación ou encargados de proxectos de innovación
  • Directores de sistemas de xestión e responsables de procesos
  • Profesionais que queiran afondar na xestión da innovación

Programa

O programa completo componse de tres módulos complementarios entre si:

Módulo 1. Políticas e Programas de Apoio á I+D e á Innovación

Duración do módulo: 3 xornadas

Programas públicos de apoio á I+D

Criterios de selección do programa máis axeitado para un proxecto concreto

Fiscalidade en I+D+I. Os beneficios fiscais da I+D

As ferramentas básicas para a xestión de proxectos de I+D

Organismos de soporte na I+D

Módulo 2. Dirección Estratéxica da Innovación

Duración do módulo: 3 xornadas

Innovación na empresa

O ciclo da innovación: Procesos internos e apoios externos

Cultura e estratexia: Plans estratéxicos de I+D+i

Identificación de oportunidades de innovación: análise interno e externo

Procesos de soporte ao ciclo de innovación na empresa

Módulo 3. Deseño, Avaliación e Xestión de proxectos de investigación

Duración do módulo: 4 xornadas

Xestión de proxectos de I+D

Aspectos diferenciadores dos proxectos de I+D

Ciclo de vida dun proxecto de I+D+i

Ferramentas de deseño, planificación e control de proxectos de I+D

Protección e explotación de resultados

Método de formación

O programa impártese de maneira práctica, completando os conceptos explicados con exemplos reais. Realizaranse exercicios, casos prácticos e role plays, e a cada participante entregaráselle o material necesario para o seguiminto e aproveitamento de cada módulo. As clases terán un formato de seminario participativo no que o alumnado deberá intervenir ye dar a súa opinión en relación ao tema exposto.


Facultade

Hugo Criado

Ceo & Founder Medrar Smart Solutions

Medrar Smart Solutions é unha consultora de proxectos de I+D+ i co foco posto na transferencia de coñecemento cara a innovación, a transformación dixital e a sustentabilidade. O docente conta, ademais, con ampla experiencia como profesor en Innovación no Sector Alimentario, así como en mentoría de proxectos empresariais emprendedores.