Información xeral
O curso de Estratexia Comercial B2B está deseñado para actualizar e potenciar as habilidades dos profesionais que traballan no ámbito das vendas a empresas, tanto a nivel nacional como internacional. A formación céntrase nas novas demandas das vendas híbridas, un modelo que combina accións presenciais e dixitais para lograr o éxito comercial.
Nunha contorna cada vez máis dixital, a ominicanalidade transforma a forma de relacionarse cos clientes B2B. Este curso prepara aos profesionais para adaptarse a este cambio, desenvolvendo competencias clave en xestión de CRM, videochamadas, redes sociais e intelixencia artificial.
Estrutura do programa
- Comprender o impacto das vendas híbridas no proceso comercial
- Desenvolver habilidades dixitais e tradicionais para interactuar cos clientes
- Coñecer ferramentas clave para aumentar a produtividade comercial e mellorar a fidelización
- Aplicar estratexias prácticas para optimizar a organización comercial B2B
A quen vai dirixido?
- Responsables de vendas e marketing
- Key Account Managers (KAM)
- Técnicos comerciais
- Profesionais de atención ao cliente no ámbito empresarial
- Xestores de relacións con clientes B2B
Programa
Módulo 1. Vendas híbridas: trasnformadoras das fases do proceso comercial
Duración do módulo: 1 xornada (24/03)
- Introdución á venda híbrida
- Cambios no cliente e futuro B2B
- Fases da venda a empresas: potencialas con dixitalización
- Fusión de marketing e vendas. Sacar partido ó CRM
Módulo 2. Aplicacións prácticas da venda híbrida na productividade comercial
Duración do módulo: 2 xornadas (07/04 e 21/04)
- Organización comercial B2B hoxe
- O novo rol do Key Account Manager
- Segemento de clientes B2B. Habilidades persoais
- Produtividade comercial
Módulo 3. Ferramentas de vendas híbridas e fidelización do cliente B2B
Duración do módulo: 2 xornadas (05/05 e 19/05)
- Videochamadas e reunións comerciais virtuais
- LinkedIn e redes sociais nos negocios B2B
- Marca persoal dixital e marca empresas.
- Asistentes virtuais e IA en vendas. Fidelización do cliente
Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias
Duración do módulo: 1 hora
- Información das características do procedemento de acreditación de competencias
- Que teño que facer?
- Que podo acreditar?
- Que vantaxes me aporta a acreditación?
- Cumpro os requisitos xerais?
- Cal é a súa experiencia laboral e formación?
- Participar no procedemento
- Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
- Documentación necesaria e taxas de exame
- Avaliación
- Acreditación
Método de formación
O programa impártese de xeito práctico, completando os conceptos explicados con exemplos reais. A cada participante se lle entregará o material necesario para o seguimiento e aproveitamento de cada módulo.
Facultade

Miguel Ángel Souto
Consultor e formador de empresas en Vendas e Marketing
Consultor e formador especializado en Vendas e Marketing, con ampla experiencia en estratexias comerciais e formación en empresas do sector B2B.
Data
24 de marzo a 19 de maio
Horario
9.00 - 15.00
Modalidade
Presencial
Lugar
Edificio FEUGA (Santiago de Compostela)
Prezo
Gratis
Bonificación
Curso gratuíto financiado ao 100% polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información de contacto
international@clusaga.org
881 023 853