Curso de Estratexia Promocional para o Sector Alimentario


Información xeral

O curso Estratexia Promocional para o Sector Alimentario está pensado para profesionais e empresas que buscan mellorar a súa competitividade mediante unha planificación e execución eficaz dun plan promocional. A formación abrangue todo o proceso estratéxico: desde a definición da identidade da marca (branding), pasando pola selección e integración de canles de comunicación, ata a posta en marcha de accións de fidelización e avaliación dos resultados.

Esta proposta combina contido actualizado con casos reais de marcas do ano 2025 e un enfoque específico no sector alimentario, un dos ámbitos con maior potencial de diferenciación no mercado B2B. Os participantes aprenderán tamén a xestionar campañas e accións promocionais con apoio en ferramentas baseadas en datos, a comprender as dinámicas das cadeas de distribución e a organizar eventos como parte dunha estratexia de posicionamento.


Estrutura do programa

  • Actualizar os coñecementos en estratexia de marketing B2B
  • Comprender e aplicar o proceso completo dun plan de marketing
  • Coñecer ferramentas innovadoras e baseadas en datos
  • Entender o funcionamento das cadeas de distribución dentro e fóra de Galicia
  • Aplicar unha estratexia multicanle e organizar eventos con visión estratéxica
  • Medir e avaliar o retorno das promocións e accións executadas

A quen vai dirixido?

  • Responsables de marketing en empresas alimentarias
  • Persoal técnico ou directivo con funcións comerciais en contornas B2B
  • Profesionais que desenvolven accións de comunicación, marca ou eventos
  • Consultores ou formadores en marketing ou vendas
  • Profesionais interesados en actualizarse nas tendencias actuais do marketing alimentario

Programa

Módulo 1. Estratexia de promoción alimentaria

Duración do módulo: 1 xornada (26/05)

  • Das clásicas 4 P á revolución do Marketing de hoxe
  • A xestión da experiencia de cliente e os seus indicadores
  • “Branding ata os ósos”, da estratexia ata o máis pequeno detalle
  • A comunicación da empresa, hoxe: medios propios, medios ganados e medios pagados
  • Publicidade. O de antes, o de agora e o de mañá

Módulo 2. Feiras, eventos e activacións de promoción

Duración do módulo: 2 xornadas (02/06 e 09/06)

  • Relacións públicas
  • ¿Os medios convencionais están mortos? Marketing e prensa
  • As feiras e eventos. Como sacarlles o máximo partido
  • Patrocinios e activacións
  • Prescritores e influentes
  • Como medir o retorno de investimento dun evento

Módulo 3. Plan promocional e punto de venda

Duración do módulo: 2 xornadas (16/06 e 23/06)

  • Plan e orzamento promocional
  • Negociación cos retailers.
  • Tipos de promocións e fins.
  • O punto de venda. Merchandising. PLV. Trade Marketing
  • Plans de fidelización
  • Retorno de investimento dunha promoción, ROI
  • Marketing e equipo comercial. “Os de marketing” e “os de vendas”
  • Co-branding, colaboracións entre marcas

Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias

Duración do módulo: 1 hora

  • Información das características do procedemento de acreditación de competencias
  • Que teño que facer?
  • Que podo acreditar?
  • Que vantaxes me aporta a acreditación?
  • Cumpro os requisitos xerais?
  • Cal é a súa experiencia laboral e formación?
  • Participar no procedemento
    • Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
    • Documentación necesaria e taxas de exame
  • Avaliación
  • Acreditación

Método de formación

O curso será presencial, cun enfoque práctico baseado en exemplos reais de marcas do ano 2025, centrados no sector alimentario. O contido combinará a explicación de conceptos con aplicación directa. Cada participante recibirá material de apoio para facilitar o seguimento e aproveitamento dos módulos.


Facultade

Miguel Ángel Souto

Consultor e formador de empresas en Vendas e Marketing

Consultor e formador especializado en Vendas e Marketing, con ampla experiencia en estratexias comerciais e formación en empresas do sector B2B.