Curso de intelixencia artificial aplicada ao cálculo das pegadas ambientais alimentarias


Información xeral

Este programa presencial de 30 horas capacita ás persoas profesionais do sector alimentario galego para integrar a intelixencia artificial tanto na medición do seu impacto ambiental como na mellora da súa produtividade diaria. Ao longo de cinco sesións inmersivas, as persoas participantes aprenderán a utilizar ferramentas de IA xerativa (como ChatGPT ou Copilot) para automatizar tarefas, redactar informes ou analizar normativas.

Ao mesmo tempo, afondarán en como a IA e a dixitalización da trazabilidade permiten capturar datos da cadea de subministración para calcular e reducir con precisión as pegadas de carbono e hídrica. Cun enfoque práctico, as empresas asistentes descubrirán como a tecnoloxía non facilita o cumprimento das normativas de sostibilidade e prevén o greenwashing, senón que tamén optimiza o tempo, os custos operativos e a toma de decisións no seu día a día.


Estrutura do programa

  1. Recoñecer a importancia da dixitalización da trazabilidade para medir a sostibilidade nos alcances 1, 2 e 3.

  2. Aplicar a IA no cálculo da pegada ambiental e na trazabilidade.

  3. Automatizar a extracción de datos, realizar análises de pegada de carbono, hídrica e análise de ciclo de vida con precisión empregando a IA.

  4. Aprender a estruturar datos, crear prompts reutilizables, xestionar ambigüidades e optimizar procesos de sostibilidade.

  5. Modelar simulacións e follas de ruta de sostibilidade con IA.

  • Recoñecer a importancia da dixitalización da trazabilidade para medir a sostibilidade nos alcances 1, 2 e 3
  • Aplicar a IA no cálculo da pegada ambiental e na trazabilidade
  • Automatizar a extracción de datos, realizar análises de pegada de carbono, hídrica e análise de ciclo de vida con precisión empregando a IA
  • Aprender a estruturar datos, crear prompts reutilizables, xestionar ambigüidades e optimizar procesos de sostibilidade
  • Modelar simulacións e follas de roteiro de sostibilidade con IA

A quen vai dirixido?

  • Xerencia
  • Equipos de dirección
  • Responsables de Calidade
  • Responsables de Produción
  • Responsables de Medioambiente
  • 36/10000 Responsables de Sustentabilidade ou ESG

Programa

A formación impartirase mediante unha metodoloxía “Learning by Doing” (aprender facendo). Ao ser sesións intensivas de 6 horas para un grupo de 20-25 persoas, fuxirase de a teoría densa e traballarase directamente con computadores/tablets. Combinaranse pílulas teóricas con talleres onde os participantes abrirán ferramentas de IA (ChatGPT, etc.) para resolver casos prácticos. Fomentarase o debate e permitirase a os asistentes traer documentos ou retos reais (anonimizados) das súas fábricas para aplicar a IA en vivo. Este formato garante que, o coñecemento sexa 100% accionable ao día seguinte nas súas oficinas.

Módulo 1. Visión estratéxica da IA na sustentabilidade alimentaria

Duración do módulo: 1 xornada 6h

Módulo introdutorio no que se abordará como están transformado as macrotendencias tecnolóxicas ao sector alimentario, os impactos e riscos de adoptar a intelixencia artificial, as técnicas para identificaar se unha empresa está preparada para adoptar a IA e as brecas de madurez dixital comunies, como construír unha cultura de datos de sustentabilidade na organización e como a IA está a ter un papel fundamental nunha empresa data.driven. Finalmente a través dunha dinámica de equipos con axuda da IA xerarase unha listaxe de oportunidades de mellora competitiva para as empresas, priorizando as máis relevantes dependendo dos obxectivos e contexto de cada empresa participante.

Módulo 2. Sustentabilidade, normativa e o valor do dato

Duración do módulo: 1 xornada 6h

Transición cara á vertente ambiental. Explicarase como interaccionan as regulacións e normativas cos fundamentos das pegadas ambientais e a análise de ciclo de vida. Os asistentes comprenderán como a dixitalización da rastrexabilidade é o cimento indispensable para poder medir a sustentabilidade nos complexos alcances 1, 2 e 3.

Módulo 3. Rastrexabilidade e cálculo da Pegada ambiental con IA

Duración do módulo: 1 xornada 6h

Sesión técnica enfocada en mostrar como o software e a IA permiten extraer datos estruturados e non estruturados da cadea de valor para automatizar o cálculo da pegada de carbono e hídrica, minimizando o esforzo manual e gañando precisión. Tratarase a importancia da dixitalización dos datos para a recollida da información e o seu uso posterior nos cálculos. A medición da pegada ambiental con IA, usando LLMs tradicionais. O cálculo de ACV e da pegada da empresa (incluíndo alcance 1, 2 e 3) con IA usando ferramentas especializadas, e a realización de casos de exemplo.

Módulo 4. Ferramentas de IA para a produtividade aplicada á sustentabilidade

Duración do módulo: 1 xornada 6h

Realizarase un taller práctico sobre ferramentas de IA xenerativa e Prompt Engineering aplicado ao sector. Os asistentes aprenderán a cruzar datos en Excel, estruturar plans e entender o funcionamento e límites dos modelos de linguaxe. Ensinaranse boas prácticas para traballar con documentos, extraer datos estruturados e construír prompts reutilizables. Practicarase como facer que a IA critique as súas propias respostas e xestione ambigüidades ou erros. Aplicaranse casos de uso para analizar brechas de datos de sustentabilidade, mellorar o cálculo de pegadas ambientais e deseñar mapas de procesos ou diagramas de ACV.

Módulo 5. Simulación, comunicación e folla de roteiro

Duración do módulo: 1 xornada 6h

Utilizaranse as ferramentas para simular escenarios de redución de impacto ambiental en plataformas especializadas. Ademais verase como a A pode axudar a comunicar os nosos lgros de sustentabilidade de forma transparente (evitando o greenwashing). Cada empresa poderá deseñar e levar a súa propia folla de roteiro de implementación.

Método de formación

A formación impartirase mediante unha metodoloxía “Learning by Doing”. Ao ser sesións intensivas, fuxirase da teoría densa e traballarase directamente con computadores/tablets. Combinaranse píldras teóricas con talleres onde os participantes abrirán ferramentas de Intelixencia artificial para resolver casos prácticos. Fomentarase o debate e permitirase aos asistentes traer documentos ou retos reais anonimizados das súas fábricas para aplicar a IA en vivo. Este formato garante que, o coñecemento sexa 100% accionable na empresa.

Facultade

Pío Iglesias Estévez

Director de producto de AirCO2

Ingeniero Telemático y BBA con una sólida base en aplicaciones telemáticas, sistemas digitales, gestión del ciclo de vida de desarrollo y estrategia tecnológica. Especializado en plataformas como Salesforce y otras soluciones SaaS. Fundador y Director de Operaciones y Producto de AirCO2. Cofundó AirCO2, una plataforma de 360 grados para el cálculo de la huella de carbono y la compensación de las empresas.

WhatsApp