Curso de Intelixencia Artificial e Big Data para a Análise de Datos Industriais


Información xeral

Intelixencia Artificial e Big Data para a Análise de Datos Industriais é un curso orientado a comprender a importancia dunha xestión adecuada dos datos en contornos industriais. Ao longo do curso preséntanse as principais tecnoloxías e ferramentas de Big Data e Intelixencia Artificial, axudando a identificar cales son as máis adecuadas segundo cada necesidade. Ademais, abórdase técnicas de tratamento e visualización de datos para facilitar a súa análise e apoiar a toma de decisións baseada en datos.

O curso estrutúrase en catro módulos progresivos. Comeza cunha introdución ás solucións tecnolóxicas innovadoras aplicadas ao medio ambiente, continúa analizando o papel clave dos datos no contorno competitivo actual e aprofunda no tratamento e análise de datos. Finalmente, o curso céntrase na toma de decisións baseada en datos, integrando os coñecementos adquiridos en contextos reais do ámbito industrial.


Estrutura do programa

  • Aumentar o nivel de sensibilidad en torno á importancia do proceso de xestión de datos.
  • Presentar, coñecer e seleccionar que tecnoloxías e ferramentas hai dispoñibles e cales son as máis adecuadas en cada caso.
  • Tratar e visualizar datos de cara ó seu análise para a toma de decisións.

A quen vai dirixido?

  • Xerentes de produción
  • Enxeñeiros de mantenemento
  • Directores de operacións
  • Analistas de datos na industria 4.0

Programa

Módulo 1. Solucións innovadoras ó servizo do medioambiente

Duración do módulo: 1 xornada (10/02)

Introdución ás principais tecnoloxías dixitais aplicadas á sustentabilidade industrial. Analízanse solucións baseadas en Intelixencia Artificial, Big Data e IoT orientadas á eficiencia enerxética, á optimización de recursos e á redución do impacto ambiental, así como casos de uso en contornos produtivos.

Módulo 2. A importancia dos datos no entorno competitivo actual

Duración do módulo: 1 xornada (24/02)

Estudo do valor estratéxico dos datos como activo clave para a competitividade empresarial. Abórdase o ciclo de vida do dato, a xestión e gobernanza da información e o papel dos datos na transformación dixital e na Industria 4.0.

Módulo 3. Tratamento e análise de datos

Duración do módulo: 1 xornada (10/03)

Desenvolvemento de técnicas e metodoloxías para a preparación, limpeza, análise e visualización de datos. Introdúcense ferramentas e tecnoloxías habituais na análise de datos industriais, co obxectivo de extraer información relevante e xerar coñecemento accionable.

Módulo 4. Toma de decisións baseadas en datos

Duración do módulo: 1 xornada (17/03)

Aplicación práctica da análise de datos na toma de decisións. Explóranse modelos predictivos e descriptivos, indicadores clave (KPIs) e cadros de mando, fomentando unha cultura organizativa orientada a decisións informadas, eficientes e sostibles.

Módulo 5. Goberno, calidade e ética do dato

Duración do módulo: 1 xornada (24/03)

Calidade do dato e detección de erros
Seguridade e protección da información
Introdución á ética e ao uso responsable da IA
Cumprimento normativo básico (RGPD, boas prácticas)

Método de formación

El curso se impartirá mediante una metodología teórico-práctica, combinando sesiones explicativas con ejemplos reales del entorno industrial. Se propone el uso de casos prácticos, análisis de escenarios reales y ejercicios aplicados que permitan al alumnado comprender el valor de los datos en la toma de decisiones. Asimismo, se fomenta la participación activa y el aprendizaje progresivo, facilitando la asimilación de conceptos clave de Inteligencia Artificial y Big Data y su aplicación práctica en contextos industriales y de sostenibilidad.


Facultade

Lara Neira

CEO de Nigal y Doctora en IA
WhatsApp