Información xeral
Nos mercados globais cada vez máis competitivos e turbulentos, a xestión adecuada da cadea de subministración converteuse nunha estratexia clave para mellorar a competitividade empresarial, especialmente no sector alimentario. Este proceso abarca unha ampla gama de actividades loxísticas, desde compras e aprovisionamentos até a distribución física e a xestión dos fluxos de materiais e información. A aparición de novos desafíos como a pandemia, as crises de subministración, e a instabilidade política e arancelaria esixe que as empresas sexan máis resilientes e adaptables. O obxectivo deste programa formativo é dotar aos participantes dos coñecementos e habilidades necesarias para afrontar os retos deste ámbito, permitindo lles analizar, diagnosticar e resolver os problemas asociados á cadea de subministración nas empresas do sector alimentario, mellorando a súa eficiencia e sustentabilidade.
Estrutura do programa
- Ofrecer unha visión integral da cadea de subministración no sector alimentario
- Dotar de ferramentas para deseñar, xestionar e mellorar procesos loxísticos de forma eficiente
- Analizar os retos actuais na cadea de subministración alimentaria, como crise de materias primas e normativa
- Adquirir competencias prácticas a través de casos reais, ferramentas dixitais e experiencias empresariais
A quen vai dirixido?
- Xerentes de Loxística e Operacións
- Responsables de Producción e Aprovisionamento
- Técnicos de Almacén e Distribución
- Responsables de Calidade e Seguridade Alimentaria
Programa
Módulo 1. Deseño estratéxico da cadea de subministración sostible do sector alimentario
Duración do módulo: 1 xornada (13/05)
- Os conceptos de sistema loxístico e de rede de subministración
- Contexto sostible e turbulento
- Obxectivos e funcións do sistema loxístico
- Evolución dos enfoques loxísticos
- Estudo e discusión de casos prácticos
Módulo 2. O control e mellora da cadea de subministración do sector alimentario
Duración do módulo: 1 xornada (22/05)
- Indicadores de xestión. Custos e servizo
- Aplicación de tecnoloxías de Business Intellixence. Cadro de mando.
- Ferramentas de simulación na cadea de subministración
- Estudo e discusión de casos prácticos
Módulo 3. A xestión de stocks na cadea de subministración do sector alimentario
Duración do módulo: 1 xornada (27/05)
- Obxectivos, necesidades, retos e custos asociados
- Modelos e criterios de xestión
- Organización para a xestión de stocks
- O sistema de información para a xestión de stocks
- Estudo e discusión de casos prácticos
Módulo 4. Deseño da Rede de Distribución Física no sector alimentario (I)
Duración do módulo: 1 xornada (5/06)
- Deseño e xestión de almacéns: obxectivos, procesos e contexto estratéxico
- Infraestructura, medios de almacenaxe e manipulación
- Criterios de xestión e organización nos almacéns. Ubicación e picking
- Tecnoloxías adaptadas ós procesos de almacén
- Estudo e discusión de casos prácticos
Módulo 5. Deseño da Rede de Distribución Física no sector alimentario(II)
Duración do módulo: 1 xornada (10/06)
- O sistema de información para a xestión de almacén (SGA)
- Deseño de envases e embalaxes eficientes e sostibles
- Deseño e xestión da rede de transporte. Contexto internacional
- Tendencias e tecnoloxías en distribución física
- Estudo e discusión de casos prácticos
Módulo 6. A seguridade alimentaria integrada na cadea de subministración
Duración do módulo: 1 xornada (17/06)
- Introdución e contexto
- Normativa de aplicación e afectación ós procesos loxísticos
- Xestión da trazabilidade
- Xestión documental
Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias
Duración do módulo: 1 hora
- Información das características do procedemento de acreditación de competencias
- Que teño que facer?
- Que podo acreditar?
- Que vantaxes me aporta a acreditación?
- Cumpro os requisitos xerais?
- Cal é a súa experiencia laboral e formación?
- Participar no procedemento
- Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
- Documentación necesaria e taxas de exame
- Avaliación
- Acreditación
Método de formación
O enfoque do programa formativo é eminentemente práctico e participativo, a través da intervención do profesorado cunha dilatada experiencia docente, investigadora e de consultoría neste campo, incluíndo tanto a presentación de experiencias empresariais de empresas galegas, nacionais e internacionais, como o emprego da metodoloxía do caso para o traballo en grupo.
Facultade

José Carlos Prado Prado
Catedrático responsable do Grupo de Enxeñaría de Organización (GIO) na UVigo
Jesús García Arca
Catedrático membro do Grupo de Enxeñaría de Organización (GIO) na UVigo
José Antonio Comesaña Benavides
Doutor Enxeñeiro Industrial e membro do Grupo de Enxeñaría de Organización (GIO) na UVigo
Andrés Pilas Pérez
Director de Negocios na empresa de consultoría AMBICAL
Data
13 de maio a 17 de xuño
Horario
16.00 h a 21.00 h
Modalidade
Presencial
Lugar
Edificio FEUGA (Santiago de Compostela)
Prezo
Gratis
Bonificación
Curso gratuíto financiado ao 100% polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información de contacto
info@clusaga.org
981 55 60 62