Curso de Marketing Alimentario


Información xeral

O marketing no sector alimentario require unha visión estratéxica e unha planificación estruturada para garantir o éxito no mercado. Neste curso, os participantes adquirirán coñecementos clave sobre os principios do marketing e as súas aplicacións prácticas, desde a análise da contorna ata a definición dunha proposta de valor diferenciada. A formación combinará unha perspectiva estratéxica con ferramentas operativas para facilitar a toma de decisións en ámbitos como o posicionamento, a comunicación e a comercialización de produtos alimentarios.


Estrutura do programa

  • Comprender os principios fundamentais do marketing estratéxico e a súa aplicación no sector alimentario.
  • Analizar a contorna competitiva e os factores externos que inflúen na estratexia de marketing.
  • Coñecer e aplicar as ferramentas do marketing mix para o posicionamento, promoción e distribución de produtos alimentarios.
  • Desenvolver unha proposta de valor diferenciada, adaptada ás necesidades do cliente e á demanda do mercado.

A quen vai dirixido?

  • Responsables de marketing, comunicación ou desenvolvemento de negocio en empresas do sector alimentario
  • Empresarios e profesionais do sector agroalimentario que desexen mellorar a comercialización dos seus produtos
  • Emprendedores e start-ups alimentarias interesados en definir unha estratexia de mercado eficaz

Programa

Módulo 1. Que queremos facer? Situémonos! Marketing estratéxico

Duración do módulo: 1 xornada (27/03)

  • Que é o marketing e a súa importancia na empresa
  • O cliente no centro da toma de decisións.
  • O plan de marketing: estructura e planificación
  • Posicionamento estratéxico
  • Ventaxas competitivas

Módulo 2. A análise da contorna como base para definir unha boa estratexia

Duración do módulo: 1 xornada (3/04)

  • Factores externos (PESTEL)
  • Contorna competitiva
  • Dimensionamento do mercado
  • Elaborando un DAFO

Módulo 3. Deseñando o produto: encaixe entre as necesidades do cliente e a nosa oferta

Duración do módulo: 1 xornada (24/04)

  • A demanda: análise das necesidades do cliente
  • A oferta: proposta de valor
  • O encaixe da proposta de valor como factor diferencial

Módulo 4. Marketing mix no sector alimentario

Duración do módulo: 2 xornadas (8/05 y 15/05)

  • A mensaxe: misión, visión e valores
  • Prezo, posicionamento e distribución (placement)
  • Marxes por canle
  • Fidelización
  • A importancia das relacións e a interacción coa sociedade Promoción e comunicación offline

Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias

Duración do módulo: Online

  • Información das características do procedemento de acreditación de competencias
  • Que teño que facer?
  • Que podo acreditar?
  • Que vantaxes me aporta a acreditación?
  • Cumpro os requisitos xerais?
  • Cal é a súa experiencia laboral e formación?
  • Participar no procedemento
    • Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
    • Documentación necesaria e taxas de exame
  • Avaliación
  • Acreditación

Método de formación

A formación desenvolverase a través dunha metodoloxía dinámica e aplicada, combinando exposicións teóricas con casos prácticos, exercicios de análise e debates participativos. Os asistentes poderán coñecer exemplos reais e traballar con ferramentas adaptadas á realidade do sector alimentario.


Facultade

Xosé Luis Reza

Presidente do Clúster do Ecommerce Galego

 


Beatriz Pereira

CEO de Iuni Strategic Marketers

José Manuel Suárez

Socio Director de Iuni Strategic Marketers