Información xeral
Coñece a metodoloxía Scrum para xestionar proxectos de forma áxil e coordinar diferentes equipos. Este curso práctico ofrece unha visión completa dos procesos de traballo Scrum, combinando explicacións teóricas con exemplos reais. Os participantes recibirán o material necesario para un seguimento óptimo do curso.
Estrutura do programa
Aprender a implementar metodoloxías áxiles para a xestión de proxectos en áreas como produción, calidade e desenvolvemento de produtos, mellorando a planificación, execución e avaliación a través do uso da metodoloxía Scrum.
- Comprender os fundamentos da metodoloxía Scrum e o seu valor na xestión de proxectos.
- Aprender a coordinar equipos multidisciplinares de forma eficaz.
- Desenvolver habilidades para planificar, xestionar e avaliar sprints.
- Adaptar a metodoloxía Scrum ás necesidades e operativa específicas da empresa.
- Mellorar os procesos internos a través de ferramentas e prácticas áxiles.
A quen vai dirixido?
- Líderes de proxectos
- Responsables de operacións
- Equipos multidisciplinares
- Profesionais de I+D
Programa
Módulo 1. Introdución a Scrum e principais roles
Duración do módulo: 2 xornadas (12/02 e 26/02)
- Conceptos básico aplicados á industria alimentaria
- Roles e artefactos clave. Beneficios
- Profundización en roles: product owner e scrum master
- Xestión de equipos e responsabilidade compartida
Módulo 2. Planificación, xestión de sprints e seguemento
Duración do módulo: 2 xornadas (12/03 e 26/03)
- Creación e xestión do Product Backlog
- Sprint Planning aliñado coa produción
- Daily Scrum: monitorización eo e axustes diarios
- Sprint Review e Retrospective. Avaliación de melloras KPIs.
- Feedback de stakeholders para axustar o backlog
Módulo 3. Implementación e escalado de Scrum
Duración do módulo: 1 xornada (09/04)
- Adaptación de Scrum á realidade operativa da empresa
- Implementación de Scrum en produción, calidade e I+D
- Estratexias de escalado en empresas grandes
- Coordinación entre equipos e plantas de produción
- Estratexias para adoptar Scrum de forma sostible
Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias
Duración do módulo: 1 hora
- Información das características do procedemento de acreditación de competencias
- Que teño que facer?
- Que podo acreditar?
- Que vantaxes me aporta a acreditación?
- Cumpro os requisitos xerais?
- Cal é a súa experiencia laboral e formación?
- Participar no procedemento
- Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
- Documentación necesaria e taxas de exame
- Avaliación
- Acreditación
Método de formación
O curso impártese cun enfoque práctico e dinámico, completando os conceptos explicados con exemplos reais. A formación estará limitada a 20 prazas para garantir unha experiencia de calidade e interacción entre os participantes.
Facultade

Aida Estévez Delgado
Fundadora de Como Darwin e consultora de organización empresarial
Fundadora de Como Darwin, empresa especializada en consultoría de transformación empresarial. Con experiencia en metodoloxías áxiles como Scrum e Kanban, a súa traxectoria caracterízase pola súa capacidade para optimizar procesos e fomentar unha cultura innovadora e colaborativa en cada ámbito de traballo.
Data
12 de febreiro a 9 de abril
Horario
9.00 - 15.00
Modalidade
Presencial
Lugar
Edificio FEUGA (Santiago de Compostela)
Prezo
Gratis
Bonificación
Curso gratuíto financiado ao 100% polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información de contacto
international@clusaga.org
881 023 853