Información xeral
Este curso avanzado en Lean Management está dirixido a profesionais da industria alimentaria que buscan mellorar a eficiencia operativa das súas empresas mediante a aplicación práctica de principios Lean e a metodoloxía Kaizen. O obxectivo é optimizar procesos, reducir desperdicios e fomentar unha cultura de mellora continua que aumente a produtividade e a satisfacción do cliente. A formación é gratuíta e celebrarase no Edificio FEUGA en Santiago de Compostela, cun límite de 20 participantes para garantir unha dinámica práctica e participativa.
Estrutura do programa
O programa abarca desde os fundamentos de Lean até ferramentas avanzadas e a implementación da cultura Kaizen na industria. Cada módulo inclúe teoría e exemplos prácticos para asegurar unha aplicación directa no día a día.
- Coñecer as metodoloxías Lean e Kaizen para a mellora continua na industria alimentaria.
- Desenvolver habilidades prácticas en ferramentas Lean para implementar procesos máis eficientes.
- Mellorar a eficiencia e reducir perdas mediante a xestión de fluxo e TPM.
- Identificar e eliminar desperdicios no proceso produtivo para reducir os tempos de ciclo e mellorar a produtividade.
- Integrar Hoshin Kanri e outras ferramentas de planificación e xestión na operación diaria.
- Promover unha cultura de mellora continua que implique a todos os niveis para unha maior competitividade e satisfacción.
A quen vai dirixido?
- Responsables de operacións
- Profesionais de producción
- Técnicos de optimización de procesos
Programa
Módulo 1. Fundamentos Kaizen e ferramentas de mellora continua
Duración do módulo: 1 xornada (13/11)
Introdución a Kaizen e resistencia ao cambio
Enfoque Kaizen: modelo dos 7 desperdicios
Módulo 2. Excelencia operativa na cadea de valor
Duración do módulo: 2 xornadas (27/11 e 11/12)
Xestión do fluxo total (TFM): fluxo de produción e fluxo de logística interna
Mantenimiento produtivo total (TPM): estratexias para maximizar a eficiencia nos equipos, xestión de perdas produtivas, concepto de OEE.
Módulo 3. Estratexia Lean e xestión da mellora continua
Duración do módulo: 2 xornadas (15/01 e 29/01)
Mapeo da cadea de valor: identificar oportunidades de mellora.
Hoshin Kanri: alinear obxectivos organizacionais co traballo diario.
Xestión diaria: reunións de equipo, taboleiros visuais de control, creación de novos hábitos.
Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias
Duración do módulo: 1 hora
- Información das características do procedemento de acreditación de competencias
- Que teño que facer?
- Que podo acreditar?
- Que vantaxes me aporta a acreditación?
- Cumpro os requisitos xerais?
- Cal é a súa experiencia laboral e formación?
- Participar no procedemento
- Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
- Documentación necesaria e taxas de exame
- Avaliación
- Acreditación
Método de formación
La formación seguirá un enfoque práctico, combinando conceptos teóricos con ejemplos reales y dinámicas participativas, facilitando así la aplicación inmediata de los conocimientos adquiridos.
Facultade

Iván Fernández Aguayo
Especialista en Excelencia Operativa e Lean Manufacturing en Kaizen Institute
Experto na aplicación de Lean e mellora continua, actualmente Project Leader en Kaizen Institute Western Europe, con experiencia en liderar proxectos estratéxicos de optimización operativa en múltiples sectores.
Data
13 de novembro a 29 de xaneiro
Horario
9.00 - 15.00
Modalidade
Presencial
Lugar
Edificio FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n (Campus Vida). 15705. Santiago de Compostela
Prezo
Gratis
Bonificación
Curso gratuíto financiado ao 100% polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información de contacto
competitividade@clusaga.org
881 023 853