Información xeral
Esta formación práctica está dirixida exclusivamente a empresas socias do Clúster Alimentario de Galicia que queiran reforzar as súas capacidades de negociación internacional, preparar mellor as súas reunións comerciais e gañar seguridade na defensa da súa proposta de valor ante compradores, importadores e distribuidores.
Ao longo de tres xornadas, as empresas participantes traballarán o seu perfil negociador, construirán un pitch comercial adaptado á súa empresa e practicarán situacións reais de negociación con compradores internacionais, aplicando as aprendizaxes á súa propia realidade comercial, produtos, canles e mercados obxectivo.
Estrutura do programa
Programa
Día 1. Descubre o teu perfil negociador e crea o teu pitch de negociación
Duración do módulo: 1 xornada (17/09)
A primeira xornada estará centrada no autodiagnóstico negociador e na construción dun discurso comercial eficaz. As empresas participantes analizarán o seu estilo de negociación, as súas fortalezas e as súas áreas de mellora, e traballarán a forma na que presentan a súa proposta de valor ante potenciais compradores.
Abordarase a preparación previa dunha negociación internacional, a definición de obxectivos, límites e marxe de manobra, así como a adaptación da mensaxe comercial ao mercado, canle e tipo de comprador.
Día 2. Negocia 3 casos prácticos como a túa empresa individual
Duración do módulo: 1 xornada (23/09)
A segunda xornada terá un enfoque práctico e individualizado. Cada empresa traballará tres situacións de negociación aplicadas á súa propia realidade comercial, co obxectivo de adestrar conversacións habituais con compradores e reforzar a defensa da súa proposta de valor.
A través de casos prácticos, as empresas participantes practicarán a xestión de obxeccións, a defensa do prezo, marxes e condicións comerciais, así como a negociación de aspectos vinculados á loxística, exclusividade, volume, prazos ou continuidade comercial.
Día 3. Negociación con compradores internacionais
Duración do módulo: 1 xornada (1/10)
A terceira xornada estará orientada á negociación con compradores internacionais en contextos reais de exportación, feiras, misións comerciais e axendas B2B. As empresas practicarán como preparar unha reunión internacional, adaptar o seu argumentario ao interlocutor e avanzar cara a oportunidades comerciais concretas.
A sesión permitirá traballar conversacións con importadores, distribuidores, compradores retail, canle gourmet, foodservice ou outros operadores internacionais, prestando especial atención á identificación de sinais de interese comercial e á definición de próximos pasos tras a reunión.
Método de formación
O curso combina formación práctica, exercicios aplicados e simulacións de negociación. As persoas asistentes adestrarán a preparación de reunións B2B, a xestión de obxeccións, a defensa do prezo e das condicións comerciais, así como a identificación de sinais de interese e próximos pasos tras unha reunión internacional.
Ademais, as empresas asistentes poderán desfrutar dunha sesión privada de asesoramento de 1 hora cos titores, sen custo adicional, para perfeccionar as súas habilidades negociadoras e resolver dúbidas concretas vinculadas á súa actividade comercial. Esta sesión estará financiada polo Clúster Alimentario de Galicia.
Facultade
Miguel Ángel Souto Fraga
Consultor e formador especializado en
vendas, marketing e negociación comercial
Nachy López Queipo
CEO e fundadora de In&Out International
Data
17 de setembro a 1 de outubro
Horario
9.00h - 17.00h
Modalidade
Presencial
Lugar
Edificio FEUGA (Santiago de Compostela)
Prezo
Gratis
Información de contacto
global@clusaga.org
981 556 062










