Información xeral
Este curso está dirixido a ofrecer unha visión integral da transformación dixital no sector alimentario, abordando tanto os cambios no entorno empresarial como as estratexias e modelos de negocio necesarios para adaptarse á era dixital. A través de tres módulos, os participantes aprenderán a comprender o impacto das novas tecnoloxías, identificar áreas de mellora, xestionar a innovación e aplicar as ferramentas dixitais máis axeitadas para optimizar a competitividade e o rendemento das empresas.
Estrutura do programa
- Comprender o impacto da transformación dixital nas pemes e a súa influencia nos modelos de negocio.
- Identificar áreas de mellora e oportunidades de innovación dentro dunha empresa.
- Coñecer as principais ferramentas dixitais e tecnolóxicas aplicables ás empresas alimentarias.
- Aprender a seleccionar, implementar e medir o rendemento das solucións dixitais adoptadas.
A quen vai dirixido?
- Xerentes e directivos de pemes
- Responsables de innovación e tecnoloxía
- Profesionais de marketing e estratexia dixital
- Consultores e asesores empresariais
Programa
Módulo 1. Negocios na era dixital
Duración do módulo: 1 xornada (06/05)
- Panorama actual e tendencias
- Modelos de negocio na era dixital
- Estratexia e proposta de valor
Módulo 2. Transformación dixital, innovación e tecnoloxía
Duración do módulo: 2 xornadas (20/05 e 27/05)
- Fundamentos da transformación dixital
- Innovación e competitividade
- Tecnoloxía e competitividade empresarial
Módulo 3. Tecnoloxías e ferramentas de transformación dixital
Duración do módulo: 2 xornadas (3/06 e 17/06)
- Ferramentas de xestión interna e colaboración
- Ferramentas de análise e estratexia de marketing dixital
- Implantación e medición de resultados
- Casos de éxito e boas prácticas
Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias
Duración do módulo: 1 hora
- Información das características do procedemento de acreditación de competencias
- Que teño que facer?
- Que podo acreditar?
- Que vantaxes me aporta a acreditación?
- Cumpro os requisitos xerais?
- Cal é a súa experiencia laboral e formación?
- Participar no procedemento
- Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
- Documentación necesaria e taxas de exame
- Avaliación
- Acreditación
Método de formación
O programa impártese de xeito práctico, completando os conceptos explicados con exemplos reais. A cada participante se lle entregará o material necesario para o seguimiento e aproveitamento de cada módulo.
Facultade
Lara Neira
CEO e Data Engineer en Nigal
Pablo Ramos Muras
Senior Developer en Nigal
Data
6 de maio 17 de xuño
Horario
9.00 - 15.00
Modalidade
Presencial
Lugar
Santiago de Compostela
Prezo
Gratis
Bonificación
Curso gratuíto financiado ao 100% polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información de contacto
info@clusaga.org
981 55 60 62