Curso de Xestión de Crises Alimentarias (II)


Información xeral

Que é unha crise alimentaria? Como afrontala? Para xestionar eficazmente unha alerta en alimentos é imprescindible coñecer cales son os programas oficiais de xestión a nivel nacional e os sistemas para implementar un sistema activo de vixilancia, coa finalidade da mellor xestión e toma de decisións ante unha crise alimentaria dando os pasos e levando a cabo as accións correctas para xestionar unha alerta.

As situacións de crises alimentarias poñen en risco a saúde dos consumidores, producen alarma social e poden impactar negativamente nos operadores económicos. Por iso, é imprescindible que se conte cun protocolo de actuación que asegure a súa óptima xestión.

Dentro do alcance das obligacións e responsabilidades que incumben ás empresas en relación coa retirada (ou recuperación) e a notificación, a información facilitada ás autoridades competentes será un elemento importante para a vixilancia do mercado, xa que estas supervisarán as medidas apropiadas para abordar os riscs plantexados.

Co presente curso coñecerase como son as alertas de seguridade en alimentos, as súas características, como funcionan os mecanismos oficiais para a súa xestión e posterior vixilancia e se aprenderá a poñer en marcha un plan de xestión de crise a nivel de empresa aplicando boas prácticas.


Estrutura do programa

O programa está estruturado para que o participante realice un percorrido virtual nunha ruta de aprendizaxe para adquirir as habilidades fundamentais de xestión de crise. Este curso, ademais, facilitará o alcance dos seguintes obxectivos establecidos:

  • Proporcionar orientacións xenerais para os operadores alimentarios sobre a definición e xestión de crises alimentarias.
  • Coñecer as guías e ferramentas para a xestión de incidentes alimentarios.
  • Coñecer o desnenvolvemento dun plan de xestión de crises e da comunicación.
  • Coñecer a lexislación aplicable e protocolos específicos sectoriais.

A quen vai dirixido?

  • Profesionais relacionados coa Calidade e Seguridade Alimentaria
  • Profesionais relacionados con Boas Prácticas do sector alimentario
  • Responsables de Produción e Operacións de empresas alimentarias
  • Responsables de Comunicación de empresas alimentarias

Programa

O programa completo componse de cinco módulos complementarios entre si:

MÓDULO 1. INTRODUCIÓN, DEFINICIÓN E CONCEPTOS DE CRISES ALIMENTARIAS

Duración do módulo: -

Introdución

Definicións e conceptos

Antecedentes e estudo de crises alimentarias en España

Xestión de crises alimentarias 

Modelos de xestión e comunicación

MÓDULO 2. GUÍAS E FERRAMENTAS PARA A XESTIÓN DE INCIDENTES ALIMENTARIOS.

Duración do módulo: -

Protocolo da AESAN

Manual AECOC

Sistema SILUM

Redes de alerta: SCIRI, RASFF, INFOSAN

MÓDULO 3. NORMATIVA E PROTOCOLO ESPECÍFICOS SECTORIAIS.

Duración do módulo: -

Lexislación en seguridade alimentaria

Codex Alimentarius

Protocolos específicos sectoriais

Método de formación

Formación continua online, tutorizada na que cada participante poderá facer seguimento da súa aprendizaxe. O curso impártese de maneira práctica e dedutiva, con seguimento por parte do docente, completando os conceptos explicados con exemplos reais. Realizaranse casos prácticos e o alumno deberá intervenir e dar as súas opinións no foro en relación ao tema expuesto. Este curso realizarase en modalidade online na Plataforma de Teleformación de Clusaga cunha duración de 30 horas.


Facultade

Mario A. de Sousa Benítez

Consultor e formador a empresas en seguridade alimentaria.

Licenciado en Bioloxía, Biotecnoloxía e formado en Docencia para a Formación Profesional para o Emprego con ampla experiencia no ámbito da formación no sector alimentario. Ademais de empresario independiente, mentor e coach en emprendemento.