Curso de Xestión e Control da Calidade Alimentaria


Información xeral

O Curso de Xestión e Control da Calidade Alimentaria  persigue a especialización en seguridade alimentaria con fin de poder desempeñar funcións de desenvolvemento, implantación e mellora de mecanismos de seguridade e inspección alimentarios.

Tamén poderase coñecer o proceso de auditoría e de certificación dos distintos estándares de seguridade alimentaria, sendo capaces de detectar deficiencias na cadea alimentaria, investigar as posibles causas e razoar e xustificar as súas posibles solucións, así como desenvolver o sentido de responsabilidade cara as consecuencias das propias decisións e accións.


Estrutura do programa

Con esta formación preténdese formar profesionais capaces de realizar unha avaliación racional dos problemas que se dan no ámbito da seguridade dos alimentos, con capacidade de integrarse en equipos de traballo das empresas e que sexan competentes en tarefas de investigación, prevención, detección, avaliación, comunicación e toma de decisións relacionadas coa seguridade alimentaria.

A principal característica desta formación radica na inclusión no programa do concepto global de seguridade alimentaria en toda a cadea alimentaria, de maneira que permita formar profesionais capaces de identificar a orixe e eliminar os riscos alimentarios que se teñan podido producir en calquera fase da cadea produtiva, incluíndo a produción primaria.

Esta formación persigue os seguintes obxectivos:

  • Examinar a normativa aplicable referente a produción primaria, así como os sistemas de auditoría interna e certificación
  • Analizar a regulamentación e normativa de seguridade alimentaria aplicable ás materias primas e aos produtos nos laboratorios alimentarios
  • Analizar os fundamentos, os requisitos, as normativas e as principais ferramentas empregadas na rastrexabilidade dos diferentes puntos da cadea alimentaria
  • Avaliar os procesos da industria alimentaria e desenvolver as bases de aplicación das diferentes fases do sistema de rastrexabilidade

A quen vai dirixido?

  • Profesionais relacionados coa Calidade e Seguridade Alimentaria
  • Profesionais relacionados coas Boas Prácticas do sector alimentario
  • Responsables de Calidade de empresas alimentarias
  • Responsables de Produción e/ou Operacións de empresas alimentarias

Programa

O programa completo componse de tres módulos complementarios entre si:

Módulo 1. Control de calidade na industria alimentaria

Duración do módulo: 3 xornadas

Implantación do sistema APPCC en empresas do sector alimentario

Xestión da seguridade alimentaria

Avaliación de riscos para a xestión da seguridade alimentaria

Xestión de crises alimentarias

Módulo 2. Xestión da Calidade Total (TQM) na Industria de Alimentos

Duración do módulo: 4 xornadas

Estratexias para a xestión da calidade no sector alimentario

Certificación de sistemas de xestión da calidade alimentaria

Requisitos do Estándar IFS e do Estándar BRCGS

Aspectos comúns para a integración de estándares voluntarios e outros protocolos recoñecidos por GFSI

Módulo 3. Auditorías de Calidade Alimentaria

Duración do módulo: 3 xornadas

Criterios para auditar BRCGS, IFS e ISO 22000

A Norma ISO 19011:2018 para o desenvolvemento do proceso de auditoría

Contexto da organización e Liderado dun SGIA

Xestión dos Recursos – Apoio do SGIA

Avaliación do Desempeño e Mellora do SGIA

Método de formación

O programa impártese de maneira práctica, completando os conceptos explicados con exemplos reais. Realizaranse exercicios e casos prácticos e a cada participante entregaráselle o material necesario para o seguimento e aproveitamento de cada módulo. As clases terán un formato de seminario participativo no que o alumnado deberá intervir e dar a súa opinión en relación ao tema exposto.


Facultade

Enrique del Arco Herrero

Consultor e formador a empresas en seguridade alimentaria

Licenciado en Farmacia pola Universidad Complutense de Madrid, completou varios posgraos en  Dirección e Xestión de Empresas e en Xestión Medioambiental  e da Calidade. Ten máis de 25 anos de experiencia en formación e asesoramento a empresas nos ámbitos de seguridade alimentaria, prevención de riscos, calidade e medio ambiente.