Curso en Desenvolvemento de Novos Produtos Alimentarios


Información xeral

O desenvolvemento de alimentos innovadores adaptados ás tendencias de consumo é crucial para satisfacer as demandas cambiantes dos consumidores e manter a relevancia nun mercado competitivo. Estar ao tanto das tendencias emerxentes permítelles ás empresas alimentarias anticiparse e responder proactivamente ás preferencias do mercado, o que pode resultar en produtos máis atractivos e relevantes para os consumidores. Ademais, a innovación en alimentos permite abordar preocupacións como a saúde, a sustentabilidade e a conveniencia, o que pode fortalecer a lealdade dos clientes e abrir novas oportunidades de mercado.

O proceso de desenvolvemento dun produto debe considerar aspectos como o coñecemento técnico do produto a desenvolver, o coñecemento do mercado do que vai participar e de ferramentas para a xestión de proxectos. Á súa vez, a xestión debe levarse adiante empregando unha metodoloxía estruturada en etapas ben diferenciadas, optimizando os recursos da empresa. Este curso permitirá comprender os conceptos principais requiridos para o desenvolvemento dun produto alimentario, dende a xeración de ideas, formulación e estudo de viabilidade técnica/económica, ata o seu lanzamento e comercialización.


Estrutura do programa

O obxectivo xeral do curso é proporcionar aos participantes os coñecementos, habilidades e ferramentas necesarias para comprender e aplicar procesos de innovación na creación e mellora de produtos alimentarios, adaptados ás tendencias do mercado actual, para poder liderar proxectos de desenvolvemento de alimentos que satisfagan as demandas cambiantes dos consumidores. Outros obxectivos xerais son:

 

  • Comprender a interacción entre o desenvolvemento de novos produtos alimentarios e as estratexias de marketing
  • Adquirir habilidades para identificar oportunidades no mercado alimentario
  • Dominar estratexias de marketing específicas para produtos alimentarios
  • Desenvolver conceptos de produtos alimentarios

A quen vai dirixido?

  • Directivos que desexen iniciar ou expander o seu negocio
  • Profesionais da industria alimentaria, enxeñeiros de alimentos, técnicos en I+D+i e calidade alimentaria e da área de marketing

Programa

O programa completo se componse de catro módulos complementarios entre si:

Módulo 1. Tendencias en alimentos innovadores

Duración do módulo: 2 xornadas

Demanda de consumo de alimentos convenientes, alternativos e funcionais.

A tecnoloxía alimentaria como impulso á personalización de alimentos.

A sustentabilidade na produción e o consumo de alimentos.

Módulo 2. Estratexia de produtos

Duración do módulo: 3 xornadas

Fundamentos do marketing alimentario.

A investigación de mercados e o consumidor.

Estratexia de comercialización de alimentos e bebidas.

Posicionamento de produtos e diferenciación de marca.

Módulo 3. Xeración e xestión de ideas de novos produtos

Duración do módulo: 2 xornadas

Identificación de oportunidades de produtos.

Xeración de ideas e conceptos de produtos.

Avaliación de conceptos e selección de ideas viables.

Técnicas de creatividade e deseño thinking aplicadas á innovación alimentaria.

Módulo 4. Estudo de viabilidade técnica económica

Duración do módulo: 2 xornadas

Estudo de viabilidade técnica e económica.

Planificación estratéxica de estratexias de marketing.

Lanzamento de produtos e execución do plan.

Método de formación

O programa impártese de maneira práctica, completando os conceptos explicados con exemplos reais. Realizaranse exercicios, casos prácticos e role plays, e a cada participante entregaráselle o material necesario para o seguiminto e aproveitamento de cada módulo. As clases terán un formato de seminario participativo no que o alumnado deberá intervenir ye dar a súa opinión en relación ao tema exposto.


Facultade

Alfonso Pérez Quintáns, director en Foodtec. R&D&I Consulting

Rosa Pumar Rodriguez, directora Xeral en Imaxe e Publicidade

Xosé Luis Reza Pérez, director de marketing de IUNI

Jose Manuel Suárez Iglesias, director IUNI Strategic Marketers