Curso en Sustentabilidade e Estratexia ESG


Información xeral

A importancia dos aspectos ESG (Enviromental, Social, Governance) estase vendo acelerada nun contexto no que cada vez máis actores (supervisores, investidores, financiadores, AAPP, clientes, partners ou empregados) reclaman ás empresas que integren estes tres piares na súa estratexia a curto, medio e longo prazo.

En paralelo, están a xurdir unha serie de novas esixencias normativas que teñen o seu impulso no marco integral dos ODS e que buscan establecer uns criterios de medición e reporte para que esta información sobre sustentabilidade sexa presentada publicamente nos marcos de información financeira e información non financeira.

Estas esixencias serán de progresivo obrigado cumprimento a partir de 2024 na UE. As empresas cotizadas e de interese público serán as primeiras que comezarán a reportar esta información, e a estas seguiranas outras en función do seu volume de facturación, balance e número de empregados en anos consecutivos. Independentemente disto, ao formar parte dunha cadea de valor global, as esixencias afectarán en cascada ás diferentes compañías sexa cal sexa a súa actividade, dimensión ou facturación.

Por todo isto, o tsunami normativo, o cumprimento das novas esixencias e as demandas da sociedade arredor das ESG fan imprescindible para as empresas coñecer as chaves para implementar estratexias neste eido.


Estrutura do programa

O Curso de Sustentabilidade e Estratexia ESG permitirá analizar os riscos e oportunidades do sistema ESG e completará unha revisión dos distintos marcos, normativas e estándares no eido da sustentabilidade. Así mesmo, facilitará unha Folla de Ruta para deseñar, implantar e reportar unha estratexia ESG na empresa.

O programa incluirá os seguintes aspectos chave:

  • Revisión do contexto e marco regulatorio e análises dos estándares ESG
  • Identificación dos factores a ter en conta para deseñar unha estratexia ESG e visión de negocio sustentable a curto, medio e longo prazo
  • Definición dun modelo de gobernanza aliñado coas claves estratéxicas de ESG
  • Implantación de plans de xestión de riscos ambientais e de plans para a xestión de responsabilidade social: empregados, consumidores, comunidade e cadea de subministración
  • Práctica para a realización dunha análise de materialidade e establecemento de obxectivos medibles sobre os que facer un seguimento
  • Análises das distintas esixencias normativas e mellores prácticas para reportar a información non financeira e financeira

A quen vai dirixido?

  • Profesionais que ocupan postos nos ámbitos da sustentabilidade, financeiro, compliance, control interno, auditoría, legal, marketing, comunicación ou dirección
  • Profesionais que participan na planificación estratéxica da súa empresa

Programa

O programa completo se componse de tres módulos complementarios entre si:

Módulo 1. Fundamentos ESG: Ambiental, Social e Gobernanza

Duración do módulo: 3 xornadas

Gobernanza e chaves estratéxicas.

Principais esixencias normativas. Implementación de plans medioambientais

Dereitos Humanos e Xestión Responsable dos Empregados, Consumidores, Comunidade e Cadea de Subministro

Módulo 2. Deseño e implantación do Plan Estratéxico ESG

Duración do módulo: 4 xornadas

Relación de principais estándares ESG e idoneidade dos mesmos en función da empresa

Análise de materialidade. Foco e priorización

Definición de Áreas Estratéxicas, obxectivos estratéxicos e os seus KPIs correspondentes nos 3 piares ESG

Módulo 3. Seguimento e Reporting ESG

Duración do módulo: 3 xornadas

Sistemas de Reporting, Control e Seguimento

Reporting interno: para Dirección Xeral/ Consello de Administración

Reporting público: asociado a requisitos legais e voluntarios

Outros niveis relevantes de comunicación. Valor reputacional

Método de formación

O programa impártese de xeito práctico, completando os conceptos explicados con exemplos reais. Realizaranse exercicios e casos prácticos e a cada participante entregaráselle o material necesario para o seguimento e aproveitamento de cada módulo.


Facultade

Noelia López Álvarez

Consultora de sustentabilidade e Investigadora en ámbitos socio-ambientais.

Máster interuniversitario en Sustentabilidade e RSC e en Xestión de Proxectos de Ambiente e Risco na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente é Socia-directora de Inthemove, consultora especializada en sustentabilidade e asesora externa en xestión de proxectos na oficina de desenvolvemento sustentable da USC.