Información xeral
Para poder dar resposta ao amplo e diverso mercado de produtos lácteos, as industrias esfórzanse en poder integrar toda a cadea de produción avaliando a calidade da materia prima, a súa conservación e transporte, os procesos de industrialización e a calidade dos produtos finais.
No día a día, a alta especificidade das tarefas que se levan a cabo en cada posto dificulta que os equipos traballen coa visión global necesaria para poder mellorar un produto que sexa competitivo nos distintos mercados.
Neste curso trátanse aspectos relevantes dos compoñentes principais, estruturais e microbiolóxicos do leite. A importancia da calidade en toda a cadea de produción, os factores que poden alterar a cada produto, así como as operacións básicas que conforman os procesos da industria láctea e os aspectos relacionados coa tecnoloxía de elaboración de leites fluídos, fermentados, iogur e queixo.
Estrutura do programa
O obxectivo xeral é promover o coñecemento sobre a calidade do leite, a súa estrutura e a súa composición, coñecementos fundamentais na transformación desta en produtos lácteos; así como afondar nas tecnoloxías e procesos que se aplicarán durante a mesma.
Asemade co presente curso pretendese analizar os procedementos de elaboración, relacionando as operacións necesarias, os produtos de entrada e saída e os medios empregados.
Coma obxectivos específicos:
- Definir as técnicas, métodos e procedementos para poder avaliar a produción primaria, industrialización e comercialización e para controlar a calidade do leite e os produtos lácteos.
- Comprender, avaliar e monitorear as operacións de elaboración de produtos lácteos, iogures e leites fermentados, e as tecnoloxías aplicadas.
- Controlar aas operacións de preparación e envasado de produtos lácteos.
A quen vai dirixido?
- Profesionais relacionados coa industria láctea e que desempregan a súa labor nas áreas de produción, industrialización, comercialización e/ou consumo de leite e produtos lácteos.
- Técnicos de empresas provedoras de servizos, ingredientes, materiais e equipos na industria láctea ou centros tecnolóxicos e de investigación relacionados.
Programa
O programa completo componse de tres módulos complementarios entre si:
Módulo 1. Introdución ás tecnoloxías alimentarias
Duración do módulo: 4 xornadas
Composición e estrutura do leite
Elaboración de produtos UHT
Limpeza e desinfección
Concentración e evaporación do leite
Aditivos SR
Módulo 2. Tecnoloxía e elaboración de queixos
Duración do módulo: 3 xornadas
Cultivos iniciadores empregados en quesería
Estandarización, homogeneización e tratamento
Coagualación do leite. Lexislación aplicable e maquinaria
Desuerado do coágulo: páctica e maquinaria
Salgado, maduración e envasado
Módulo 3. Tecnoloxía e elaboración de iogur e leites fermentadas
Duración do módulo: 3 xornadas
Elaboración de iogur. Tecnoloxías
Outras tecnoloxías de elaboración. Leites fermentadas imitadas
Elaboración de iogures especiais e leites fermentadas
Control de calidade
Método de formación
O programa impártese de maneira práctica, completando os conceptos explicados con exemplos reais e a cada participante se lle entregará o material necesario para o seguimento e aproveitamento de cada módulo. As clases terán un formato de seminario participativo no que o alumnado deberá intervir e dar a súa opinión en relación ao tema exposto.
Facultade
Alfonso Pérez Quintáns
Director en FoodTec. R&D&i Consulting
Graduado e Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Diplôme d’Agronomie Approfondie ENSAR e Diploma de estudoos avanzados en Ciencia e Enxeñaría dos Alimentos dentro da Área de Ciencias Experimentais da USC. Conta con experiencia como docente e mentor especialista en produción láctea e foi responsable da Área de Proxectos de I+D+i da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA USC).
Data
12/04/2024 - 21/06/2024
Horario
9:00h - 15:00h
Modalidade
Presencial
Lugar
Edificio FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n (Campus Vida). 15705. Santiago de Compostela
Prezo
-
Bonificación
Curso gratuíto financiado ao 100% pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través do seu Programa de Accións Formativas de Cualificación e Recualificación da Poboación Activa en Sectores Estratéxicos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información de contacto
Inés Rodríguez
unitec@clusaga.org
981 556 062