Información xeral
O sector alimentario está a experimentar unha transformación dixital acelerada, marcada pola esixencia dun consumidor cada vez máis informado, esixente e dixitalizado. Para destacar neste contexto, é clave desenvolver estratexias de marketing dixital que permitan construír marcas auténticas, conectar coa audiencia e mellorar a conversión en contornas como o e-commerce.
Este curso está pensado para dotar aos profesionais do sector alimentario das ferramentas, coñecementos e habilidades necesarias para deseñar e executar accións dixitais eficaces. Abordaranse temas como a creación de contido, o posicionamento en buscadores, a publicidade online, as colaboracións con influencers ou o uso de novas tecnoloxías como a intelixencia artificial.
Estrutura do programa
O curso está estruturado en cinco sesións que permitirán realizar un percorrido completo pola estratexia e ferramentas do marketing dixital aplicadas ao sector food. Estes son os obxectivos xerais do programa:
- Comprender as claves dunha estratexia de marketing dixital efectiva no sector alimentario.
- Deseñar un plan de comunicación online coherente, atractivo e orientado á conversión.
- Coñecer e aplicar técnicas de SEO, SEM e publicidade en redes sociais.
- Incorporar colaboracións con infl uencers e contido xerado por usuarios (UGC).
- Aproveitar novas tecnoloxías e ferramentas de analítica para optimizar os resultados.
A quen vai dirixido?
- Responsables de marketing ou comunicación.
- Xestores de tendas online de produtos alimentarios.
- Equipos de branding, deseño ou redes sociais.
- Pequenas marcas e proxectos gourmet que desexen mellorar a súa presenza online.
Programa
Módulo 1. Estratexia de marketing e contidos para o sector alimentario
Duración do módulo: 1 xornada (09/05)
- Tendencias actuais do consumidor dixital
- Proposta de valor e construción de marca
- Storytelling gastronómico
- Tipos de contido e formatos efectivos
- Creación dun calendario de comunicacións
Módulo 2. Comunicación online: redes, influencers e UGC
Duración do módulo: 1 xornada (23/05)
- Estratexia de comunicación multicanle
- Plataformas clave: Instagram, TikTok, Pinterest, YouTube
- Plan de redes sociais: obxectivos, calendario e KPIs
- Influencer marketing e contido xerado por usuarios
Módulo 3. Funnels de venda e publicidade en redes sociais
Duración do módulo: 1 xornada (06/06)
- Fundamentos dun funnel de vendas
- Segmentación e creatividades para Meta Ads
- Publicidade en TikTok: tendencias e estrutura
- Remarketing e campañas de conversión
- Deseño dunha campaña completa
Módulo 4. SEO, SEM e Google My Business
Duración do módulo: 1 xornada (13/06)
- Fundamentos de SEO on-page
- Estratexias de palabras clave e SEO local
- Optimización de fichas de Google My Business
- Campañas de Google Ads (search e display)
Módulo 5. Novas tecnoloxías, IA e analítica
Duración do módulo: 1 xornada (20/06)
- Aplicacións da intelixencia artificial no márketing
- Ferramentas de automatización (email, CRM, chatbots)
- Google Analytics 4 e Looker Studio
- KPI clave para e-commerce alimentario
- Creación dun dashboard básico
Módulo Online. Procedemento de acreditación de competencias
Duración do módulo: 1 hora
- Información das características do procedemento de acreditación de competencias
- Que teño que facer?
- Que podo acreditar?
- Que vantaxes me aporta a acreditación?
- Cumpro os requisitos xerais?
- Cal é a súa experiencia laboral e formación?
- Participar no procedemento
- Prazos e fases para inscribirse no proceso de acreditación
- Documentación necesaria e taxas de exame
- Avaliación
- Acreditación
Método de formación
Formación práctica e orientada á aplicación real en empresas do sector. Cada sesión combina parte teórica con exemplos, casos prácticos e tarefas individuais ou grupais. O formato fomenta a participación activa, a reflexión e a adaptación dos contidos á realidade profesional dos asistentes.
Facultade
Beatriz Ventosinos
Xerente do Clúster do Ecommerce Galego
Sergio Castelo
SEO Manager e Director de proxectos en smartclick.es
Pablo Roca
Marketing Dixital en Juicer Marketing
Data
9 de maio 20 de xuño
Horario
9.00 - 15.00
Modalidade
Presencial
Lugar
Santiago de Compostela
Prezo
Gratis
Bonificación
Curso gratuíto financiado ao 100% polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Información de contacto
info@clusaga.org
981 55 60 62