Información xeral
O Programa de especialización en marketing e internacionalización del sector mar alimentario está deseñado para profesionais e empresas do que buscan fortalecer a súa capacidade competitiva no mercado internacional, combinando teoría e práctica a partir de casos reais, experiencias sectoriais e metodoloxías aplicadas.
A formación aporta ferramentas, modelos e coñecementos clave para a elaboración, validación e implementación de plans de internacionalización, con especial foco en marketing, marca, xestión comercial e acceso a novos mercados.
Estrutura do programa
- Dotar ás empresas do sector mariño‑alimentario das competencias necesarias para comprender o contexto e as tendencias dos mercados internacionais.
- Facilitar a identificación e selección de mercados prioritarios e estratexias de entrada efectivas.
- Proporcionar ferramentas de marketing, comunicación de marca e vendas adaptadas ao ámbito internacional.
- Acompañar no deseño e validación do plan internacional de cada participante con titorías individualizadas.
A quen vai dirixido?
- Directores/as e responsables de marketing, exportacións e internacionalización.
- Profesionais de vendas, comercialización e xestión de marca.
- Responsables de innovación y desarrollo de negocio.
- Equipos implicados na toma de decisións estratéxicas e expansión internacional.
Programa
Bloque 1. Internacionalización e estratexias de expansión (35 h)
Bloque 2. Marketing, marca e vendas (30 h)
Bloque 3. Financiamento, riscos e apoio a operacións internacionais (10 h)
Módulo 1. Entorno e tendencias do comercio mar‑alimentario
Duración do módulo: 10 horas
- Análise de mercados internacionais.
- Identificación de factores clave na elección de mercados.
- Estudo de casos prácticos.
Módulo 2. Diagnóstico e operacións internacionais
Duración do módulo: 10 horas
- Autoavaliación da empresa.
- Aspectos operativos, loxística e primeiros pasos na exportación.
Módulo 3. Análise de mercados e estratexias de entrada
Duración do módulo: 5 horas
- Identificación de mercados prioritarios e modelos de entrada segundo experiencias sectoriais.
Módulo 4. Plan de negocio internacional e xestión comercial
Duración do módulo: 10 horas
- Deseño do plan internacional.
- Definición da proposta de valor.
- Estratexias comerciais.
- Contratos.
Módulo 5. Marca, posicionamento e comunicación
Duración do módulo: 10 horas
- Construción e xestión de marca.
- Posicionamento estratéxico.
- Comunicación efectiva.
Módulo 6. Marketing internacional
Duración do módulo: 5 horas
- Planificación comercial.
- Organización de equipos.
- Técnicas de venda no sector mar‑alimentario.
Módulo 7. Vendas e estratexia comercial
Duración do módulo: 10 horas
- Adaptación da oferta e da mensaxe ao mercado obxectivo.
- Traballo con socios locais.
Módulo 8. Financiación e riscos internacionais
Duración do módulo: 5 horas
- Análise dos medios de pago.
- Instrumentos de financiamento internacional.
- Principais riscos nas operacións exteriores.
Módulo 9. Recursos e instrumentos de apoio á internacionalización
Duración do módulo: 5 horas
- Instrumentos, servizos especializados e mecanismos de acompañamento que facilitan o acceso a mercados internacionais.
Duración do módulo:
Método de formación
O programa combina formación grupal con dinámicas participativas, estudos de caso, experiencias prácticas e titorías personalizadas. Conta cun equipo docente e de mentores de primeiro nivel, formado por profesionais con ampla experiencia en internacionalización, marketing, vendas e dirección comercial en empresas líderes do sector alimentario e mar-alimentario, así como por consultores especializados en estratexia e desenvolvemento internacional.
Facultade
Varios docentes. Consultar programa completo.
Data
Marzo - Outubro
Horario
9.15 - 14.15
Modalidade
Presencial
Prezo
1200 €
Bonificación
Información de contacto
Luz Martínez Orjales
Global@clusaga.org
981 556 062










