Información xeral
Neste programa estúdanse e desenvólvense habilidades para integrar de maneira efectiva a sustentabilidade nos obxectivos empresariais, e preparará aos mandos directivos para tomar decisións que favorezan o crecemento económico, a equidade social e a preservación do medio ambiente. Ademais, actualizará sobre as novas normativas ligadas aos criterios e riscos ESG e á presentación de información sobre sustentabilidade, como é a CSRD, e sobre como as empresas poden responder incorporándoa nos modelos de xestión.
Estrutura do programa
Combina a formación teórica cun importante valor da súa aplicación práctica. O profesorado, profesionais en activo nos campos específicos, expón de maneira participativa o seu know-how e presenta casos reais do seu ámbito de actuación.
- Analizar o marco global da sustentabilidade.
- Deseñar e aplicar a estratexia de sustentabilidade na xestión da empresa.
- Avaliar o impacto da sustentabilidade na empresa e na súa contorna.
A quen vai dirixido?
- Profesionais do ámbito da Calidade e/ou Seguridade Alimentaria, Produción, Medio Ambiente e/ou Sustentabilidade, Compras e/ou Loxística, Responsables de Innovación e/ou I+D e persoal de Comunicación tanto interna como externa.
Programa
Módulo 1. Introducción á sustentabilidade na empresa
Duración do módulo: 13 horas
O marco global da sustentabilidade e a empresa
Marco normativo actual
Módulo 2. A integración dos criterios ESG na xestión empresariais
Duración do módulo: 16 horas
Consumo e produción responsables
Xestión de persoas, diversidade e inclusión
Innovación aberta e transformación dixital e sustentable
Módulo 3. Como implementar un enfoque de sustentabilidade? Ferramentas para a sustentabilidade
Duración do módulo: 24 horas
Módulo 4. A financiación sustentable como palanca de transición
Duración do módulo: 8h
Investimento sustentable e responsable. Fondos ESG, bonos verdes e sociais
As finanzas sustentables como palancas de financiación
Módulo 5. Comunicando a sustentabilidade
Duración do módulo: 10h
Mesa Redonda estratexias e ferramentas para a comunicación interna e externa
Módulo 6. Proxecto final
Duración do módulo: 9h
Metodoloxía do proxecto
Traballo autónomo
Presentación de proxectos
Tutorías
Método de formación
Facultade
Varios docentes. Consultar programa completo.
Data
Setembro - Novembro
Horario
9.30h - 18.30h
Modalidade
Presencial
Lugar
Edificio FEUGA (Santiago de Compostela)
Prezo
2.850€ (socios) / 3.000€ (no socios) *COFFEE E CÓCTEL INCLUIDOS
Bonificación
*Grazas ao crédito do Permiso Individual de Formación (PIF), as empresas poden reducir significativamente o custo do programa.
Información de contacto
Inés Rodríguez
unitec@clusaga.com
981 556 062










