O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) colabora o vindeiro 25 de outubro no webinar que organiza o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) sobre o mercado de China e que terá lugar de 9.30 a 10.45 horas.
Esta xornada, enfocada a empresas agroalimentarias, dará a coñecer as novas perspectivas do mercado chinés, así como as oportunidades de internacionalización neste marco. Ademais, exporanse os servizos ggratuítos que ofrecen para tal fin as antenas empresariais. Por parte de Clusaga presentaranse os servizos propios de apoio aplicados á internacionalización e a experiencia do clúster no mercado de China.
Tamén, analizaranse as próximas feiras de interese para o sector alimentario do país obxectivo desta xornada, así como a posibilidade de apoiar a representación das empresas galegas nestas feiras, a través do servizo que ofrece a Antena Igape en China.
Como parte deste encontro, as entidades interesadas poderán axendar unha reunión individual online cos directivos da Antena Igape en China, ao longo dos días 25 e 26 de outubro.