Xornada interclúster. Ferramentas e oportunidades en E-Commerce para a industria alimentaria

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), no seu compromiso de dinamización de actividades no marco do E-Commerce, colabora co Clúster do E-Commerce Galego e o Clúster da Comunicación en Galicia na organización desta xornada dirixida a empresas socias de Clusaga con interese en desenvolver novas estratexias en marketing dixital.

O evento, que terá lugar o xoves 21 de setembro, de 10.00 a 12.30 horas, no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela), contará con relatores expertos en E-Commerce e marketing dixital co obxectivo de dar a coñecer diferentes ferramentas e oportunidades neste eido.

A xuntanza tamén contempla unha sesión B2B específica para que as empresas poidan trasladar aos expertos de forma individualizada as súas necesidades e inquietudes.

A asistencia a este evento está suxeita a inscrición previa no formulario que aparece a continuación, que permanecerá aberto ata as 14.00 horas do día previo á celebración da xornada. Para máis información pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo international@clusaga.org ou no teléfono 881 043 687.

Event Schedule Details

  • 21 Setembro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario