O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) convoca por sexto ano consecutivo os Premios Galicia Alimentación 2020 para recoñecer e visibilizar as accións de emprendemento, cooperación, innovación, sustentabilidade, márketing e internacionalización na industria.
O prazo de presentación de solicitudes, a través da web de Clusaga, finaliza o 31 de xullo de 2020 ás 14 horas.
Categorías Premios Galicia Alimentación 2020
Ademais destas tres categorías, o xurado poderá outorgar, en caso de concorrencia, un Premio Extraordinario Galicia Alimentación á proxección do sector alimentario e bebidas.
Requisitos, prazo para presentar candidaturas e premio
Poderán participar nos Premios Galicia Alimentación 2020 persoas físicas, autónomos, micro, medianas e grandes empresas que teñan sede social, centros produtivos ou exerzan a súa actividade comercial ou transformadora en Galicia, así como institucións galegas ou situadas fóra do territorio que desenvolvesen actividades en favor dos produtos alimentarios galegos, tendo estes orixe ou transformación en Galicia ou na frota pesqueira dunha empresa galega.
Para presentar a candidatura debe descargarse e cumprimentarse o formulario correspondente a cada categoría, que aparece a continuación, asinarse e achegarse en formato pdf a través do formulario online que figura facendo clic no botón “inscribirse” de esta páxina. O prazo de presentación de candidaturas finaliza o 31 de xullo de 2020 ás 14 horas. Unha mesma entidade pode presentar candidaturas ás diferentes categorías, así como presentar máis dun produto ao Premio Galicia Alimentación ao produto innovador.
Os gañadores daranse a coñecer o 24 de setembro no evento anual Foro e Premios Galicia Alimentación organizado por Clusaga e no que, ademais, este ano celebrarase o décimo aniversario do Clúster.
Pola súa banda, os premios consisten nunha escultura acreditativa entregada por profesionais de referencia vinculados ao sector da alimentación. Ademais, se o galardoado na categoría de proxecto empresarial ou institucional fose unha entidade de nova creación, cunha antigüidade menor a cinco anos, beneficiarase da pertenza como socio a Clusaga durante un ano.
Pode resolver calquera dúbida, pode contactar con Clusaga a través do correo electrónico comunicacion@clusaga.org ou do teléfono 981 556 062.
Patrocinadores Premios Galicia Alimentación 2020
Nesta ocasión, os Premios Galicia Alimentación contan co apoio institucional da Xunta de Galicia, e o patrocinio oro de Caixa Rural Galega, Gadis e Vegalsa Eroski e prata de Fundación Semana Verde de Galicia.