Aberta a convocatoria de axudas para a contratación de xestores de internacionalización do IGAPE

A convocatoria de axudas para a contratación de xestores de internacionalización ten por obxectivo apoiar as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación indefinida ou temporal mínima de 6 meses.

A intensidade da axuda segundo o perfil ó que pertenza o xestor será:

  • Mozos/as nados a partir do 1 de xaneiro de 1984 inscritos no sistema nacional de garantía xuvenil, o 80% do importe do salario mensual neto subvencionable con prorrateo de pagas extra (1358,89€) durante un período máximo de 15 meses.(Se non están inscritos no sistema de garantía xuvenil a porcentaxe do salario subvencionado será do 70%)
  • Profesionais nados despois do 1 de xaneiro de 1974 e antes do 1 de xaneiro de 1984, o 70% do importe do salario mensual neto subvencionable con prorrateo de pagas extra (1698,61€) durante un período máximo de 15 meses.
  • Profesionais senior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nados antes do 1/1/74) o 70% do importe do salario mensual neto subvencionable con prorrateo de pagas extra (2038,34€) durante un período máximo de 15 meses.

As solicitudes serán avaliadas segundo os seguintes criterios:

  • Tamaño da empresa ou Organismo empresarial (a maior tamaño menor puntuación)
  • Cifra de exportación no 2016 (só no caso de empresas, a maior cifra maior puntuación)
  • Tipo de proxecto
  • Incentivo a novos solicitantes

Cómo participar?

Os interesados deberán cubrir un formulario descritivo das súas circunstancias, do seu proxecto, dos obxectivos e do orzamento do mesmo a través da oficina virtual do IGAPE.

data límite de presentación é antes do fin do 29 de novembro de 2019.

Event Schedule Details

  • 29 Novembro 2019
Compartir
Engadir ao Calendario