Aberta a convocatoria de InnovaPeme 2022

A Axencia Galega de Innovación abre a convocatoria 2022 do Programa InnovaPeme.

Obxectivo

O Programa InnovaPeme concede axudas ás pemes para o financiamento de actividades integradas en plans de innovación que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

As empresas solicitantes presentarán un plan de innovación que permitirá ampliar e consolidar a capacidade innovadora da empresa. As actividades do plan desenvolveranse ao longo dun ano como mínimo e máximo dende a data de presentación da solicitude ata o 31 de agosto do 2023.

Actividades subvencionables

  • Actividades de innovación: estudos de novos produtos ou servizos innovadores, asesoramento en innovación, protección industrial ou intelectual,…
  • Innovación en materia de procesos e/ou organización: cambios e/ou solucións innovadoras que melloren a produción ou novas metodoloxías que incidan positivamente no funcionamento interno da empresa, prácticas comerciais, metodoloxías,…

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: subvención a fondo perdido.
  • Incentivo: 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa (axudas entre 40.000€ e 100.000€)
  • Orzamento total: 2.800.000 €

Beneficiarios

Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda.

Prazo de presentación de solicitudes

19/04/2022 – 18/05/2022

Detalles da programación de eventos

  • 18 Maio 2022
Compartir
Engadir ao Calendario