Aberta a convocatoria do proxecto C- Voucher para apoiar plans de implantación de economía circular nas pemes

Programa de Replicación do Valor de Circularidad do proxecto C- Voucher, financiado a través do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea, ten como obxectivo apoiar plans de viabilidade baseados en enfoque de economía circular de pemes europeas. Estes plans deberán estudar a incoporación dalgunha das seguintes propostas:

  • Solucións de circularidad desenvoltas dentro de C- Voucher.
  • Un novo modelo de negocio circular (baseado nun bloque de negocio circular), que permita transformar as súas cadeas de valor actuais en circulares. En concreto, os bloques de negocios definidos por C- Voucher inclúen: simbiose industrial, eficiencia de recursos materiais, enerxías renovables e eficiencia enerxética, produtos biolóxicos, extensión do ciclo de vida do produto, economía de rendemento, economía compartida e economía de plataformas.

As empresas que resulten seleccionadas para participar neste programa recibirán:

  • 15.000€ para cubrir os custos de desenvolvemento do plan de viabilidade
  • Ata un mes de apoio dun deseñador industrial para crear un plan cunha folla de roteiro
  • Sesións de mentorización sobre financiamento

Como participar?

Calquera peme europea establecida nun estado membro da Unión Europea ou en paísesasociados e activa nos ámbitos agroalimentario, saúde, crecemento azul, téxtil e fabricación pode enviar a súa proposta a través da web de C- Voucher.

data límite de presentación é o 31 de outubro de 2019 ás 17 horas CET. Cada solicitante pode presentar unha única proposta.

Event Schedule Details

  • 31 Outubro 2019
Compartir
Engadir ao Calendario