Aberta a convocatoria para participar na Feira BIOFACH (Nuremberg, Alemania)

En colaboración coa Federación Española de Industrias e Alimentos (FIAB) e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organiza a participación das empresas socias interesadas no stand de Galicia no pabellón agrupado español na Feira BIOFACH, que se celebrará no Exhibition Centre Nuremberg, do 15 ao 18 de febreiro de 2022.

Sobre a Feira BIOFACH

A Feira Internacional de Produtos Orgánicos, BIOFACH, celebra este ano a súa decimoquinta edición, combinada con VIVANESS (Feira Internacional de Coidado Persoal Natural e Orgánico). Este dúo feiral de Nuremberg convoco una súa última edición presencial un total de 3.738 expositores.

Algúns dos datos que resumen a Feira BIOFACH 2020 son os siguientes:

  • 738 expositores, dos que máis do 70 % eran internacionais.
  • 136 países participantes.
  • 000 visitantes.

BIOFACH posiciónase como a plataforma feiral máis relevante no ámbito internacional de produtos de alimentación orgánica e ecolóxica. Paralelamente, durante a feira, organízanse  distintos seminarios, workshops e conferencias sobre os temas de maior actualidade. De feito, o Congreso (BIOFACH Congress) que ten lugar durante os días da Feira é tamén, dende hai tempo, un foro importante para o sector biolóxico, entre outras cousas porque presenta as cifras e os feitos máis actuáis sobre o seu desenvolvemento.

Condicións e custo de participación no stand de Galicia organizado por Clusaga

Clusaga organiza unha participación agrupada de catro empresas socias nun espazo a compartir de 25,5 m2 no pavillón español organizado por FIAB. Esta participación inclúe superficie de decoración, montaxe do pavillón e mantemento do espazo compartido. Cada empresa contaría con mostrador, mesa, tres cadeiras, estanterías, panel con imaxe da empresa, almacén compartido, inclusión no catálogo oficial da feira e promoción vía emailing.

O deseño, as especificacións de cada stand e o que inclúe a cota de participación pódese consultar neste documento elaborado por FIAB.

Para cada entidade socia de Clusaga interesada, o custo bruto de participación por empresa (participación dun total de 4 empresas en 25,5m2) sería de 5.102 € + 21% IVA.

Apoio no plan Foexga da Cámara de Comercio de Santiago

O custo da viaxe poderase apoiar na convocatoria para a participación da Feira BIOFACH dentro de actividades do Plan Foexga da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que, ademáis, poderá incluir o custo de participación no stand cun 90% de subvención nos gastos indicados para as pemes galegas.

Inscrición e máis información

As empresas socias de Clusaga que estean interesadas en participar na Feira BIOFACH deben enviar antes do día 15 de decembro un email a international@clusaga.org indicándoo. Para calquera aclaración ou información adicional, pódese contactar co Clúster Alimentario de Galicia no mesmo email ou no teléfono 881 02 38 53.

Event Schedule Details

  • 15 Decembro 2021
Compartir
Engadir ao Calendario