Aberta a convocatoria para participar na Feira CIBUS

En colaboración coa Federación Española de Industrias e Alimentos (FIAB) e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza a participación das empresas socias interesadas no stand de Galicia do pabillón agrupado español na Feria CIBUS International Food Exhibition 2022, que se celebrará no Fiere di Parm (Italia), do 3 ao 6 de maio de 2022.

Sobre a Feira Cibus

Cibus, a Exposición Internacional de Alimentos, é a feira máis importante adicada á agroalimentación italiana e un evento imprescindible para todo o sector, que ten lugar en Parma desde 1985.

En Cibus reúnense institucións, empresas e profesionais do sector alimentario, polo que se trata dunha oportunidade para crear e desenvolver relacións comerciais a nivel internacional, con mirada de futuro e innovación. Cibus é un evento B2B adedicado a visitantes profesionais de diferentes sectores de interese para o sector agroalimentario: Gran Distribución, HoReCa & Food Service.

Este encontro bienal, que celebra a súa XXI Edición, busca atraer ao longo dos 130.000m2 de exposición á práctica totalidade do sector agroalimentario, exceptuando aos viños e licores, que contan en Italia cunha feira específica (VINITALY).

A Feira CIBUS 2022 espera contar con máis de 3.000 expositores, repartidos ao longo de 8 pabillóns feirais que recibirán a visita duns 70.000 visitantes profesionais. Ademais, está previsto que o programa de compradores “Cibus Buyers” atraia a 1.500 compradores internacionais e a 500 compradores, retailers e HORECA italianos a través o Cibus Vip Club.

Condicións e custo de participación no stand de Galicia

Clusaga, en colaboración coa Cámara de Santiago, organiza unha participación agrupada de empresas socias nun espazo dentro do pabillón español organizado por FIAB. Esta participación inclúe stand con decoración, montaxe do pabillón e mantemento. Ademais se dispone de apoio á viaxe e á loxística. O deseño, as especificacións de cada stand e o que inclúee pódese consultar neste documento elaborado por FIAB.

O custo da viaxe se poderá apoiar na convocatoria para a participación da Feria dentro das actividades do Plan Foexga da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que, ademais, poderá incluír o custo de participación no stand cun 90% de subvención nos gastos indicados, para as pemes galegas.

Inscrición e máis información

As empresas socias de Clusaga que estean interesadas en participar na Feira poden enviar solicitude de reserva de espazo  e poden completar a formalización de participación segundo las instrucións de la convocatoria de la Cámara de Comercio de Santiago hasta el 18 de marzo.

Para cualquier aclaración o información adicional, se puede contactar con el Clúster Alimentario de Galicia en el email international@clusaga.org ou no teléfono 881 02 38 53.

Event Schedule Details

  • 18 Marzo 2022
Compartir
Engadir ao Calendario