Aberta a convocatoria de axudas a proxectos industriais de I+D+i no ámbito da industria manufactureira (MINCOTUR)

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR) convoca as axudas a proxectos industriais de I+D no ámbito da industria manufactureira co obxectivo de apoiar accións de impulso tecnolóxico a empresas e sectores industriais, con gran efecto tractor sobre outras actividades auxiliares e complementarias, así como ás cadeas de valor estratéxicas.

Quen pode solicitar estas axudas?

Sociedades con personalidade xurídica propia en España legalmente constituídas e debidamente inscritas no rexistro correspondente, que desenvolvan unha actividade industrial produtiva encadrada na Sección C-Divisións 10 a 32 da CNAE 2009.

Estas axudas apoiarán proxectos de investigación industrial, proxectos de desenvolvemento experimental, así como proxectos de innovación en materia de organización e procesos na industria manufactureira.

As prioridades temáticas inclúen:

  1. Economía circular e ecoinnovación aplicadas na mellora das cadeas de valor
  2. Descarbonización, eficiencia enerxética e novas fontes de enerxía sustentable
  3. Materiais e produtos avanzados
  4. Innovación en procesos de calidade e seguridade

Características da axuda

Os apoios terán a forma de préstamos reembolsables cun importe máximo do 80% do custo financiable dos proxectos. O prazo máximo de amortización será de dez anos incluíndo un período de carencia de tres anos. O tipo de interese aplicable será do 0%. O orzamento financiable mínimo das actuacións será de 100.000 euros.

Procedemento e prazo de presentación

Desde o 4 de xullo até o 29 de xullo de 2020, ambos os incluídos, vía presentación telémática, a través da sede electrónica do MINCOTUR.

 

Event Schedule Details

  • 29 Xullo 2020
Compartir
Engadir ao Calendario