Aberta a convocatoria “Da Granxa á Mesa” do Pacto Verde europeo

A Comisión Europea ha posto en marcha unha convocatoria co obxectivo de dar apoio a aquelas propostas que apoien o despregamento e ampliación das innovacións que contribúan aos obxectivos da estratexia “Da Granxa á Mesa” do Pacto Verde europeo (topic LC-GD-6-1-2020).

“Da Granxa á Mesa” ten como obxectivo abordar os desafíos e acelerar a transición cara a sistemas alimentarios sostibles, para garantir que as bases económicas, sociais e ambientais da seguridade alimentaria e nutricional non se vexan comprometidas para as xeracións actuais e futuras.

Require e baséase en solucións innovadoras que se poden escalar, tales como prácticas agroecolóxicas e orgánicas, fontes alternativas de proteínas (por exemplo, procedentes de fontes vexetais, oceánicas, insectos, etc.), alimentos sostibles dos océanos e acuicultura e asesoramento personalizado relacionado con dietas saudables sostibles.

Desafíos “Da Granxa á Mesa”

Unha serie de actividades apoiarán o despregue e a ampliación de innovacións que contribúan aos obxectivos da estratexia “Da Granxa á Mesa”. As propostas probarán, pilotarán e demostrarán solucións sistémicas innovadoras (TRL 5-7) a un dos seis temas (sub-topics) seguintes, correspondentes aos desafíos urxentes dos sistemas alimentarios:

  • Sub-topic A. Lograr explotacións climaticamente neutras reducindo as emisións de GEI e aumentando o secuestro e almacenamento de carbono nas explotacións agrícolas
  • Sub-topic B. Lograr empresas alimentarias climaticamente neutras mitigando o cambio climático, reducindo o uso de enerxía e aumentando a eficiencia enerxética no procesamento, distribución, conservación e preparación de alimentos
  • Sub-topic C. Reducir a dependencia de pesticidas perigosos; reducir as perdas de nutrientes dos fertilizantes, cara contaminación nula de auga, solo e aire e, finalmente, o uso de fertilizantes
  • Sub-topic D. Reducir a dependencia do uso de antimicrobianos na produción animal e na acuicultura
  • Sub-topic E. Reducir as perdas e desperdicios de alimentos en cada etapa da cadea alimentaria, incluído o consumo, evitando ao mesmo tempo os envases non sostibles
  • Sub-topic F. Avanzar cara a dietas saudables e sostibles, procedentes da terra, augas continentais e mar e accesibles a todos os cidadáns da UE, incluídos os grupos máis desfavorecidos e vulnerables

Orzamento e prazo de presentación

A Comisión Europea considera que as propostas que soliciten desde 6 millóns de euros até 12 millóns de euros permitirían abordar adecuadamente o desafío específico en cada un destes sub-topics.

A data límite para presentar propostas a esta convocatoria é o 26 de xaneiro de 2021.

Event Schedule Details

  • 26 Xaneiro 2021
Compartir
Engadir ao Calendario