Aberta a convocatoria dos Premios Galicia Alimentación 2021

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) convoca por sétimo ano consecutivo os Premios Galicia Alimentación 2021, que teñen como obxectivo recoñecer e visibilizar as accións da industria con impacto nalgunha destas áreas: emprendimiento, dixitalización, innovación, sustentabilidade, mercadotecnia e internacionalización.

O prazo de presentación de solicitudes, que deben realizarse a través da web de Clusaga, termina o 1 de xuño de 2021 ás 14 horas.

O tres modalidades na que se distribúen os Premios Galicia Alimentación son tres: produto innovador, proxecto empresarial ou institucional e estratexia de mercado.

Categorías Premios Galicia Alimentación 2021

  • Premio Galicia Alimentación ao produto innovador. Enfocado a premiar os produtos galegos que destaquen pola súa innovación, potencial comercial, deseño, posibilidade de agregar valor ou adaptación ás demandas do consumidor.
  • Premio Galicia Alimentación ao proxecto empresarial ou institucional. Orientado a galardoar o esforzo de empresas, institucións, organizacións ou asociacións que se caractericen pola súa innovación na produción, modelo de negocio e/ou cadea de valor, polo seu carácter emprendedor e cooperativo ou polo seu desenvolvemento cara á fábrica do futuro 4.0 e cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
  • Premio Galicia Alimentación á estratexia de mercado. Recoñece a innovación das empresas e organizacións da industria alimentaria na súa estratexia de internacionalización e posicionamento no mercado e no desenvolvemento do seu plan de marketing.

Ademais deste tres categorías, tal e como se recolle nas bases, o xurado poderá outorgar, en caso de concorrencia, un Premio Extraordinario Galicia Alimentación á proxección do sector alimentario e bebidas.

Requisitos, prazo e forma de presentación de solicitudes

Poderán participar nos Premios Galicia Alimentación 2021 persoas físicas, autónomos, micro, medianas e grandes empresas que teñan sede social, centros produtivos ou exerzan a súa actividade comercial ou transformadora en Galicia, así como institucións galegas ou situadas fóra do territorio que desenvolvesen actividades en favor dos produtos alimentarios galegos, tendo esta orixe ou transformación en Galicia ou na frota pesqueira dunha empresa galega.

Para presentar a candidatura debe cumprimentarse o documento correspondente a cada categoría, que aparecen a continuación, asinarse e achegarse en formato pdf a través do formulario online, que figura facendo clic no botón “inscribirse” desta páxina.

Unha mesma entidade pode presentar candidaturas ás diferentes categorías, así como presentar máis dun produto ao Premio Galicia Alimentación ao produto innovador. Doutra banda, os premiados en edicións anteriores poden presentar candidatura novamente na mesma categoría que resultaron gañadores ou en calquera outra.

No que respecta ao prazo de presentación de candidaturas, leste finaliza o 1 de xuño de 2021 ás 14 horas.

Entrega Premios Galicia Alimentación 2021

Os gañadores daranse a coñecer o 30 de xuño de 2021 no evento anual Foro e Premios Galicia Alimentación organizado por Clusaga.

Os premios consisten nunha escultura acreditativa entregada por profesionais de referencia vinculados ao sector da alimentación. Ademais, se o galardoado na categoría de proxecto empresarial ou institucional fose unha entidade de nova creación, cunha antigüidade menor a cinco anos, beneficiarase da pertenza como socio a Clusaga durante un ano.

Patrocinadores Premios Galicia Alimentación 2021

A VII edición dos Premios Galicia Alimentación contan co apoio institucional da Xunta de Galicia, e o patrocinio ouro de Caixa Rural Galega, Gadis e Vegalsa Eroski e o patrocinio bronce de Corporación Laber e Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Para obter máis información, pódese contactar con Clusaga a través do correo electrónico comunicacion@clusaga.org ou do teléfono 981 556 062.

Event Schedule Details

  • 1 Xuño 2021
Compartir
Engadir ao Calendario