Abierta la convocatoria del programa Fábrica del futuro, fábrica inteligente y sostenible de Industria 4.0 (GAIN)

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) abriu a cuarta convocatoria para a adxudicación, en concorrencia competitiva, de axudas ao programa Fábrica do Futuro, fábrica intelixente e sustentable de Industria 4.0. Dirixida a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, o prazo de presentación de solicitudes a través do portal de sede electrónica da Xunta de Galicia finaliza o 28 de setembro de 2020.

Beneficiarios

1. Empresas (pemes ou grandes) do sector industrial cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico.

2. Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial e un ou varios organismos de investigación e difusión.

3. Agrupacións entre unha gran empresa e unha ou varias pemes que, en ambos casos, deberán pertencer ao sector industrial.

Características dos proxectos

  • Os proxectos subvencionables deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en materia de organización e de procesos.
  • Orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 de euros e máximo de 30.000.000 de euros.
  • A duración dos proxectos será de catro anualidades e estenderase ata o 30 de abril de 2023.

Modalidades de participación

1. Poderán participar na modalidade de proxectos individuais unha peme ou unha grande empresa, no caso de proxectos de I+D. No caso de proxectos de innovación en materia de organización e de procesos, para a modalidade de participación individual, só poderá participar unha peme.

2. En cooperación. Os organismos de investigación só poderán participar na modalidade en cooperación.

Intensidade das axudas

As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario.

A intensidade de axuda é variable dependendo do tipo de organización e de proxecto, indo desde o 80% para o caso de pemes en proxectos de Investigación industrial con colaboración, ata o 15% para grandes empresas en proxectos de Innovación en materia de procesos e organización.

Prazo e procedemento de presentación de solicitudes:

A presentación de solicitudes pode facerse até o 28 de setembro de 2020 a través do portal de sede electrónica da Xunta de Galicia.

Event Schedule Details

  • 28 Setembro 2020
Compartir
Engadir ao Calendario