Aberta a Convocatoria LIFE 2020

O Programa de Medioambiente e Acción polo Clima (LIFE) é o instrumento financeiro da Unión Europea dedicado ao Medioambiente para o período 2014-2020. O seu obxectivo xeral é catalizar o cambio na elaboración e implementación de políticas proporcionando solucións e mellores prácticas para alcanzar obxectivos ambientais e climáticos, así como promovendo tecnoloxías innovadoras de cambio ambiental e climático.

Os subprogramas LIFE e as áreas prioritarias

O Programa LIFE divídese en dous subprogramas con tres áreas prioritarias cada un:

  • Subprograma de Medioambiente
    • Medioambiente e Eficiencia no Uso dos Recursos
    • Natureza e Biodiversidade
    • Goberno e Información Ambiental
  • Subprograma de acción polo clima
    • Mitigación do Cambio Climático
    • Adaptación ao Cambio Climático
    • Gobernanza e Información climáticas

Na área prioritaria de “Medioambiente e Eficiencia no Uso dos Recursos”, os proxectos tradicionais céntranse nas áreas de aire, produtos químicos, economía verde e circular, accidentes industriais, xestión mariña e costeira, ruído, chan, residuos, auga e a contorna urbana. O programa proporciona subvencións para proxectos piloto e de demostración para desenvolver, probar e demostrar políticas ou enfoques de xestión. Tamén cobre o desenvolvemento e a demostración de tecnoloxías innovadoras, implementación, vixilancia e avaliación da política e lexislación ambiental da UE, así como as mellores prácticas e solucións. A Comisión Europea está a buscar particularmente tecnoloxías e solucións que estean listas para implementarse en condicións próximas ao mercado, a escala industrial ou comercial, durante a duración do proxecto. Os proxectos reciben un cofinanciamento de ata o 55%.

Condicións de elixibilidade, axuda e presentación de propostas

  • Quen pode participar? Calquera entidade rexistrada na UE. A diferenza doutros programas de financiamento, os proxectos LIFE son moi flexibles en termos de como se configuran. Os proxectos poden ser individuais ou en colaboración con socios do propio país ou doutro.
  • Subvención: Os proxectos reciben un cofinanciamento (subvención) de ata o 55%.
  • Como presentar unha proposta? As propostas deben prepararse en inglés. Para proxectos tradicionais, débese usar a aplicación web eProposal para crear e enviar a súa aplicación.
  • Datas límite para presentación de propostas:
    • Medioambiente e Eficiencia no Uso dos Recursos (proxectos tradicionais): 14/07/2020 para presentación de concept notes (proceso de presentación en dúas fases).
    • Mitigación/ Adaptación ao Cambio Climático (proxectos tradicionais): 06/10/2020 (proceso de presentación nunha fase).

Máis información sobre a convocatoria e oportunidades de networking

O día 30 de abril 2020 terá lugar un evento online con sesións informativas sobre o programa e tamén con sesións de networking (reunións B2B) online. Podes rexistrarche para participar na seguinte ligazón: https://eu-life-2020.b2match.io/

Detalles da programación de eventos

  • 14 Xullo 2020
Compartir
Engadir ao Calendario