En colaboración coa Federación Federación Española de Industrias e Alimentos (FIAB), o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organiza a participación das empresas socias interesadas no pavillón agrupado español na Feira SIRHA LYON, que se celebrará en Eurexpo Lyon, do 23 ao 27 de setembro de 2021.
A Feira SIRHA LYON, que se celebra cada dous anos en Lyon (Francia) é un salón no que a gastronomía e os produtos gourmet cobran unha especial relevancia. Ademais de empresas de alimentación de todo tipo, hai un espazo dedicado exclusivamente ao equipamento de hostalaría e restauración.
Algúns dos datos que resumen a súa última edición, en 2019, son os seguintes:
Durante a feira celébranse varios concursos de cociña, tanto a nivel nacional como internacional. O concurso máis importante que ten lugar é o prestixioso Bocuse d’Or, considerado como o campionato mundial de cociña. Hoxe en día, este concurso convoca anualmente a multitude de países, logrando unha alta repercusión mediática ao reunir xornalistas, radios e televisións do mundo.
Nas últimas edicións, a presenza internacional ha crecido de forma notable na feira. Un gran número de empresas consideran que SIRHA converteuse no principal salón francés, quedando SIAL nun plano máis internacional.
Clusaga organiza unha participación agrupada de catro empresas socias en dúas casetas de 11 m2, é dicir, un total de 22 m2. Esta participación inclúe superficie de decoración, montaxe do pavillón e mantemento do espazo compartido. Cada empresa contaría con mostrador, mesa, tres cadeiras, andeis, panel con imaxe da empresa, almacén compartido, inclusión no catálogo oficial da feira e promoción vía emailing.
O deseño, as especificacións de cada caseta e o que inclúe a cota de participación pódese consultar neste documento elaborado por FIAB (ver aquí).
Para cada entidade socia de Clusaga interesada, o custo bruto de participación por empresa (participación dun total de 4 empresas en 22m2) sería de 5.167€ + 21% IVE.
As empresas socias de Clusaga que estean interesadas en participar na Feira SIRHA LYON deben enviar antes do día 15 de xuño un email a international@clusaga.org indicándoo. Para calquera aclaración ou información adicional, pódese contactar co Clúster Alimentario de Galicia no mesmo email.