Aberta a sétima convocatoria do Bio- Based Industries Joint Undertaking (BBI JU)

A sétima convocatoria de propostas da Bio- Based Industries Joint Undertaking ( BBI JU) está aberta en 16 temáticas ata o 3 de setembro de 2020, 17:00 CET. Pon a disposición 102 millóns de euros para proxectos que traballan no desenvolvemento máis rápido de novas cadeas de valor sostibles, que van desde o procesamento eficiente do subministro de materia prima de biomasa ata o lanzamento de bio-produtos ao mercado. O financiamento da convocatoria apoia catro orientacións estratéxicas definidas na Axenda Estratéxica de Innovación e Investigación das Bio-Industrias europeas ( SIRA, siglas en inglés): materias primas, procesos, produtos e captación do mercado.

Os temas abertos para as candidaturas divídense da seguinte maneira: cinco accións de investigación e innovación ( RIA) cun orzamento indicativo de 22 millóns de euros, sete accións de innovación (catro accións de demostración – DEMO e tres acciones emblemáticas – FLAG) cun orzamento indicativo acumulado de € 75 millóns e catro accións de coordinación e apoio (CSA) cun orzamento indicativo de 5 millóns de euros. Podes atopar máis información sobre as temáticas das convocatorias e as condicións das mesmas na web de BBI JU.

O día 22 de abril de 2020 organizouse un evento virtual no que se presentaron os diferentes aspectos da convocatoria, así como sesións interactivas de preguntas e respostas cos participantes. A gravación do evento está dispoñible online para a súa visualización. A comunidade de BBI JU tamén terá oportunidades de establecer contactos en liña na plataforma de networking de BBI JU onde se poden programar reunións individuais para o 12 de maio de 2020.

Detalles da programación de eventos

  • 3 Setembro 2020
Evento caducado
Compartir
Engadir ao Calendario