BioIncubaTech, incubadora de alta tecnoloxía promovida pola Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, para o fomento da innovación e transferencia de tecnoloxía, abriu o prazo de inscrición á súa segunda convocatoria até o 15 de setembro de 2020.
Este proxecto financiado pola Fundación INCYDE e cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, está dirixido a micro-pemes e proxectos empresariais do ámbito biotecnológico, nas áreas de saúde e tecnoloxías alimentarias, cun enfoque innovador e diferenciador con respecto a outras solucións existentes no mercado.
Nesta convocatoria seleccionaranse un máximo de 22 proxectos das seguintes características: até 14 proxectos en fase de preincubación, até 4 en fase de incubación e até 4 en fase de aceleración.
Poden presentarse candidaturas até o 15 de setembro de 2020 a través da seguinte ligazón: http://www.bioincubatech.com/tablon-de-anuncios/