Aberto o prazo de inscrición á primeira edición online da Feira Internacional de Alimentos e Bebidas de Galicia

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza a primeira edición online da Feira Internacional de Alimentos e Bebidas de Galicia, que se celebrará do 22 ao 25 de xuño de 2021 a través dunha plataforma virtual.

Coa súa realización, Clusaga axudará a impulsar a promoción internacional dos produtos alimentarios e as bebidas galegas, pondo un foco especial no mercado europeo. O seu carácter 100% dixital proporcionará un punto de encontro seguro entre as empresas de Galicia que participen e os compradores internacionais.

Nela estarán presentes importantes operadores do mercado internacional de alimentos e bebidas, así como importadores e distribuidores de países europeos como Francia, Alemaña, Austria, Suíza, Países Bálticos, Polonia e Países Baixos. Todos eles coñecerán previamente a oferta presentada polas empresas importadoras galega inscritas á feira.

A Feira Internacional de Alimentos e Bebidas de Galicia desenvolverase a través dunha plataforma online con diferentes funcionalidades para potenciar a visibilidade das empresas expositoras, favorecer as relacións cos compradores e maximizar a xeración de oportunidades de negocio.

Participar como expositor

As empresas de alimentos e bebidas de Galicia que queiran participar nesta feira virtual terán a oportunidade de contar na plataforma cunha caseta individual totalmente personalizable, no que poder incluír toda a información que consideren de interese.

Ademais, terán acceso a un chat en tempo real para interactuar cos representantes comerciais de cada expositor e a unha axenda individualizada de reunións virtuais B2B, a través do programa meet the buyer.

Doutra banda, no horario no que se desenvolva a feira tamén se programarán sesións de presentación en vídeo dos produtos principais e das novidades de cada expositor no programa galician experience.

Condicións de participación e período de inscrición

O prazo para que as entidades interesadas en participar na Feira Internacional de Alimentos e Bebidas de Galicia inscríbanse finaliza o 22 de marzo de 2021. O rexistro pode realizarse a través desta ligazón.

A realización da feira está suxeita á inscrición mínima de 15 empresas expositoras (máximo 40 casetas).

Os custos de participación por cada empresa expositora son os seguintes:

  • Custo obrigatorio de inscrición e ficha en catálogo de expositores: socios Clusaga 50 €; non socios 150 €.
  • Custo obrigatorio de caseta propia e participación no meet the buyer: socios Clusaga 300 €; non socios 450 €.
  • Custo opcional de gravación e edición do vídeo e participación no programa galician experience: socios Clusaga 50 €; non socios 150 €.

Para máis información sobre a feira ou consultar dúbidas, pódese contactar con Clusaga no teléfono 981 556 062 ou no email international@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 22 Marzo 2021
Compartir
Engadir ao Calendario