Manifestación de interese. Acción promocional “Gastronomía e sabor galego no Mercado de La Paz de Madrid”

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) ofrece aos seus socios a oportunidade de participar en dúas accións promocionais diferenciadas. A primeira é un espazo Pop Up Gastronómico no Posto 92 do Mercado de la Paz de Madrid. De maneira adicional a esta, pódese participar nunha segunda acción, un showcooking cos produtos dos participantes, que tería lugar na praza central do Mercado de La Paz. Ademais activarase unha web e app do evento para a difusión tanto a este coma aos produtos, así como para a realización dun concurso que permita a captación de leads. Estas accións levaríanse a cabo do 10 ao 19 de novembro de 2022.

Acción 1 | Espazo Pop Up Gastronómico

Seguindo a imaxe visual da campaña, customizarase durante dúas semanas o espazo “Posto 92”, un pop up gastronómico ubicado no Mercado de La Paz. No posto disporanse os produtos das empresas participantes na acción, así como o material promocional.

A acción verase reforzada coa participación dos postos do Mercado de La Paz, onde se realizará unha labor de activación en punto de venta para que todos os comercios afíns ao produto do Mercado de La Paz dispoñan de produtos do pop up de Clusaga, co obxectivo de que os clientes do Mercado poidan compralos tras a súa degustación. Contratarase persoal que estará no Posto 92 ofrecendo información e sampling sobre os produtos, así como un programa de degustacións aos consumidores.

Durante estas dúas semanas convocarase a medios de comunicación e influencers, y poderase organizar un encontro cos produtores que estean no posto para darlle maior notoriedade e repercusión á acción, e tamén enviarase unha Nota de Prensa a medios xeralistas e de estilo de vida.

Tendo en conta que cada día unhas 5.000 personas visitan o Mercado de La Paz e que esta acción tería unha duración de 6 a 8 días, está previsto alcanzar 30.00 a 40.000 persoas.

Acción 2 | Showcooking

Realizarase un showcooking cos produtos dos participantes nesta acción na praza central do Mercado de La Paz. Para isto ubicarase un carrito de showcooking e habilitarase todo o espazo central coa imaxe de marca da acción e dos participantes. Contratarase persoal de cociña que desenvolverá 3 receitas cos produtos e contará aos presentes que é cada un, á vez que vai elaborando as diferentes receitas.

Convocarase á prensa gastronómica e a influencers foodies e de receitas. Aos asistentes ofreceráselles unha pequea degustación dos pratos cociñados, así como un libro que recollerá as receitas realizadas.

Inscrición na acción promocional

Para manifestar interese nestas accións é necesario inscribirse a partir da ligazón que aparece a continuación antes do mes de outubro. Tamén o programa completo das accións está dispoñible para a súa consulta. Para máis información pode contactar con Clusaga no correo insights@clusaga.org ou no teléfono 881 04 36 87.

Compartir
Engadir ao Calendario