Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas (TR301P)

Obxecto da axuda

Axudas destinadas a subvencionar accións formativas para o emprego en unidades formativas dentro de empresas con compromiso de contratación.

Organismo convocante

Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación

Beneficiarios

  • Empresas, independentemente da forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten unha solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.
  • Ás empresas que sexan entidades de formación e sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritas para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.

O alumnado destinatario das unidades formativas son:

  • As persoas traballadoras desempregadas inscritas na data de incorporación á acción formativa como demandantes de emprego non ocupadas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • As persoas que, sen estar inscritas como demandantes, así o determine unha norma específica e, en particular, as persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Actividades elixibles

  • Cada acción formativa incluirá un compromiso de contratación dun mínimo do 60% do alumnado formado e/ou aprobado en contratos cunha duración mínima de 6 meses ou do 40% se a contratación é por 12 ou máis meses.
  • Para o compromiso de contratación, priorizarase ao alumnado aprobado sobre o alumnado formado.
  • A contratación comprometida realizarase nun prazo máximo de 2 meses desde o remate da acción formativa e nunha ocupación e categoría relacionada coa especialidade formativa impartida.
  • Considerarase como contratación a incorporación do alumnado como socio traballador ou socia traballadora, ou de traballo nunha sociedade cooperativa ou sociedade laboral.
  • El número máximo de participantes por acción formativa será de 15.
  • Cada acción formativa subvencionada poderá ter unha duración máxima de 300 horas. Excepcionalmente, poderá autorizarse un número superior de horas formativas, sen que este incremento de horas supoña un aumento da subvención.

Gastos elixibles

  • A subvención a outorgar calcularase mediante a aplicación de módulos económicos (*).
  • A contía da subvención de cada acción formativa determinarase en función do número de persoas participantes previstas, do número de horas da acción e dos módulos económicos específicos solicitados por participante e hora de formación para cada área profesional.

(*) Entenderase por módulo económico o custo por participante e hora de formación.

Tipo, cuantía e intensidade da axuda

Tipo: Subvención. O procedemento de concesión realízase mediante concorrencia non competitiva (por orde de entrada das solicitudes).

Orzamento 2024: 8.000.000€

Presentación de solicitudes

Data de finalización: 30 de setembro de 2024 ás 23:59.

Event Schedule Details

  • 30 Setembro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario